Converten en churrasqueira unha mámoa milenaria en Lousame

Denuncian esta nova desfeita nunha anta que figura no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia

Unha mámoa milenaria convertida en churrasqueira nun novo ataque ao patrimonio cultural de Galicia. Desta volta, a vítima foi a mámoa de Casamea ou Pedra da Cana, situada en San Pedro de Tállara, no municipio de Lousame.

En 1995, esta anta foi alterada gravemente, ao ser destruída a cámara mortuoria para construír unha grella, con cheminea e porta incluídas. Recentemente, alguén volveu colocar os ortostatos (as laxas verticais) que se arrincaron en 1995, situándoos arredor do túmulo. Tamén deixaron diverso lixo que se pode observar na zona, que inclúe bidóns de plástico e un frigorífico.

Publicidade

Hai un ano, un boirense presentou un escrito ante Patrimonio preguntando se a actuación tiña permiso. Seis meses máis tarde, volveu presentar unha consulta ante a Xunta de Galicia, pero tampouco obtivo resposta.

Curiosamente, a citada mámoa figura no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e está protexida polo PXOM de Boiro desde 2004. Pero todo isto non impediu que pasase á consideración de churrasqueira.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura