Reino Unido recomenda aos nenos non rematar de cabeza por posibles danos cerebrais

As federacións de fútbol de Inglaterra, Escocia e Irlanda do Norte vetan a práctica nos adestramentos aos menores de 11 anos

As recomendacións limitan os remates de cabeza no fútbol base.
As recomendacións limitan os remates de cabeza no fútbol base.

O célebre Mikasa era o terror de moitos rapaces galegos que xogaron ao fútbol nas décadas pasadas. Unha pelota dura, que aturdía cada vez que tocaba na testa. Pero isto podería ter data de caducidade, polo menos nas Illas Británicas. As nenas e nenos menores de 11 anos que xoguen ao fútbol en Inglaterra, Escocia e Irlanda do Norte terán prohibido rematar de cabeza nos adestramentos. É unha das recomendacións emitidas pola Football Association (FA), a federación inglesa deste deporte, e á que xa se sumaron as outras dúas entidades. A decisión baséase nun estudo publicado hai uns meses pola Universidade de Glasgow, que aínda que non atopou evidencias concluíntes sobre a relación entre o golpeo de balóns coa cabeza e o dano cerebral, si incrementou a preocupación no mundo do fútbol xa que apuntaba á posibilidade de que os futbolistas poderían ter o triple de posibilidades de morrer por unha doenza cerebral.

Publicidade

A FA difundiu unhas pautas que achegará aos clubes de fútbol base, adestradores, pais e nais e xogadores. Ademais disto, aconsellarase modificar as características dos balóns usados nos xogos, reducindo a súa presión ao máximo permitido pola normativa para diminuír a violencia do impacto coa cabeza.

A guía está redactada co apoio do comité médico da UEFA (federación europea de fútbol), que pretende estender a recomendación a toda Europa a finais deste mesmo ano. En Estados Unidos xa existen recomendacións desde o ano 2015 neste sentido.

Segundo expuxo Mark Bullingham, CEO da federación inglesa, a listaxe de recomendacións “axudará a adestradores e formadores a reducir e eliminar os repetitivos e innecesarios remates de cabeza no fútbol base” para “mitigar os riscos potenciais”.

Así, o remate de cabeza estará totalmente prohibido nos adestramentos dos menores de 11 anos. Nas seguintes idades, establécense limitacións: un adestramento por mes, cun máximo de 5 remates, no caso dos menores de 12; un adestramento por semana, cun máximo de 5 remates, nos menores de 13; un adestramento por semana, cun máximo de 10 remates, entre os 13 e os 15 anos, e unha reducción “na medida do posible” nos menores de 18.

 

 

1 comentario

  1. La noticia parece sacada del Mundo Today, pero veo que va en serio. El párrafo final con las limitaciones de remates de cabeza según las edades no tiene desperdicio. Que pena que no estén en activo los Monty Python. Íbamos a reír. Estamos llegando al surrealismo total y absoluto aplicado a la vida cotidiana. My god!!!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.