Atopan un alxibe no castro de Viladonga que amosa a enxeñería dos galaicos

Un achado que pode revolucionar a historia de Galicia. Porque os arqueólogos atoparon un depósito de auga para abastecer aos poboadores do castro de Viladonga, que demostraría que os antigos galaicos tiñan unha enxeñería avanzada, antes da chegada dos romanos. E tamén fala sobre as grandes dimensións deste castro situado no concello lucense de Castro de Rei.

O alxibe ten 70 metros cadrados de superficie e catro de profundidade, con capacidade para 150.000 litros de auga, que permitiría abastecer a 300 habitantes do castro. O depósito foi construído no século III a.C., moito antes da ocupación romana. E esta escavado na rocha, baixo a muralla que fortificaba este importante poboado.

Publicidade

O alxibe atopado no castro de Viladonga. Foto: Terra Arqueos.

O importante achado foi realizado pola empresa Terra-Arqueos, contratada pola Consellería de Cultura para os traballos que se iniciaron o pasado mes de setembro. Segundo o arqueólogo Miguel Ángel López, director da campaña, o alxibe é a mostra do elevado nivel de enxeñería que xa tiñan os antigos galaicos, previo á ocupación romana. Ata o de agora, este tipo de depósitos de auga estaban datados tras da conquista latina.

Ademais do alxibe, os arqueólogos descubriron unha escaleira con sete escalóns e unha torre de máis de cinco metros de diámetro, destinada a reforzar a fortificación do castro.

Publicidade

O depósito de auga era abastecido pola choiva e por dúas minas que escorregaban ata este pozo. E no seu interior foron atopados restos de animais, o que facilitou a súa datación. Os arquéologos de Terra-Arqueos consideran que foi construido no século III antes de Cristo, o que racha coa idea de que estas tecnoloxías foron incorporadas coa romanización.

Ademais, o alxibe melloraba as condicións de defensa do propio castro, que podía soportar largos asedios con abastecemento propio de auga.

castro de Viladonga localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. No ano 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural e conta cun museo e un centro de interpretación que o converten nun dos poboados galaicos máis coñecidos e visitados.

Entre os grandes achados neste castro, cóntase o torque de ouro atopado no ano 1911, que ten 20 quilates e un peso de 180 gramos, e que pode verse no Museo Provincial de Lugo. Nos anos 70 do pasado siglo atopouse outro torque e un anel de ouro con esmeralda, ademais de apliques, broches, fíbulas, compases ou un pasarrendas de cabalo.

O espectacular castro de Viladonga a vista de drone

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior