Na procura dunha factoría romana na Illa de Arousa

Un equipo de arqueólogos da Universidade de Vigo investiga o xacemento da praia do Naso en busca dunha fábrica de salga

Unha factoría de salga para producir peixe en conserva para o Imperio Romano. Unha constante nas rías galegas, que servían o ‘garum‘, a salsa que tanto aprezaban os latinos, a diversos portos a través do comercio marítimo. Desta volta, a investigación chega á Illa de Arousa, para determinar con certeza se na praia de Naso existía unha destas factorías e como funcionaba.

Adolfo Fernández.

“O obxectivo científico final da actuación é saber con seguridade se as ruínas romanas alí existentes son unha factoría de salga ou outro tipo de edificio e recuperar o maior numero de datos posibles que nos permitan interpretar as estruturas (cronoloxía, usos, dimensións, estado de conservación…)”. Con este reto un equipo coordinado polo arqueólogo da Universidade de Vigo Adolfo Fernández está a realizar unha intervención arqueolóxica na praia do Naso-Campo dos Bufos, na illa de Arousa.

Publicidade

A intervención, cuxos traballos de campo se desenvolven do 1 ao 5 de abril en colaboración co Concello da Illa de Arousa, consiste na limpeza da fronte do xacemento co obxectivo de localizar os vestixios romanos documentados nos anos 60 do século pasado e que hoxe se atopan baixo a maleza e no rexistro pormenorizado desas estruturas mediante debuxo tradicional e fotogrametría 3D.

A iniciativa tamén contempla a realización dunha sondaxe valorativa na parte superior da fronte de praia co obxectivo de contar cunha secuencia estratigráfica. Esta sondaxe será tapada ao final da intervención quedando o espazo intervido no estado previo á actuación.

Publicidade

No marco dun proxecto máis amplo

Segundo explica Adolfo Fernández, contratado posdoutoral Marie Curie no Campus do Mar da Universidade de Vigo, esta iniciativa enmárcase no desenvolvendo do proxecto Salt and fish salting in Ancient Gallaecia. Looking for the origins of the Galician canned fish industry que abrangue, entre outros aspectos, o estudo das factorías de salga romanas existentes nas costas galegas, asturianas e do norte de Portugal.

Anotacións do xacemento de E. Massó en 1963

Durante o ano 2017, detalla o arqueólogo do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat), realizaron sendas intervencións en dous xacementos semellantes ao localizado na praia do Naso, como son Sobreira (Vigo) e Adro Vello (O Grove), en colaboración cos concellos onde se localizan os xacementos.

“Cremos que unha destas factorías atópase emprazada na praia do Naso. Este xacemento esta inventariado e coñécese soamente por unha prospección realizada nos anos 60 por E. Massó, que identificou un edificio na praia (que pretendemos definir coa nosa actuación) e unha zona de necrópole próxima coñecida desde 1931 como Campos dos Bufos”, explica Adolfo Fernández. O xacemento, apunta por último, “atópase hoxe ao aire libre e cuberto por maleza e sobre el descorre o paseo de madeira que bordea a costa da illa. A día de hoxe existen estruturas visibles e está sendo moi afectado pola erosión mariña”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Os segredos que agocha o xacemento de Armea: 15 anos de escavacións e unha nova casa castrexa

A escola de verán cumpre unha década e media cunha intervención que confirma a presenza de restos arqueolóxicos no Alto dos Fornos

Un proxecto galego analiza dous séculos de presenza humana na Antártida a través de obxectos

A investigación está liderada pola arqueóloga María Ximena Senatore e conta cunha Advanced Grant pola que recibirá case dous millóns e medio de euros durante cinco anos

De campamento neandertal a enterramento: os achados das escavacións en Cova Eirós e Monte Penedo

Os traballos, liderados dende a USC, permiten descubrir restos óseos infantís e adultos e amplían os períodos de ocupación humana das cavidades