A hidria de Cambre e o milagre da auga e do viño

Diversos estudos vinculan aos templarios con esta peza artística, onde segundo a lenda Xesús de Nazaret obrou a transmutación das bodas de Caná

Foi o primeiro milagre obrado por Xesús de Nazaret segundo conta o evanxeo de Xoán. Nas vodas de  Caná esgotouse a bebida. Así que o Mesías ordenou encher unhas  tallas de pedra con auga fresca que se converteu inmediatamente en viño. Pero, se xa soa milagreira esta historia, non o é menos que na parroquia coruñesa de Santa María de Cambre presuman de conservar unha daquelas  hidrias de pedra, unha lenda que non agcha a importancia artística e histórica desta obra, unha pequena pía bautismal que está relacionada cos cabaleiros da orde do Temple.

Para os amigos do misterio, algúns datos apoiarían a teoría lendaria. Dunha parte, unha inscrición na pía di: “Idrie  IhIM”, que algúns queren ler como ‘Hidria de Xerusalén’. Os caracteres, con todo, son propios do século  XII. A pedra é de natureza calcárea, propia de terras áridas e non de Galicia. E a decoración en xeral é allea ao románico galego. Pero apunta en cambio aos talleres de escultores que traballaban en Xerusalén no século  XII, na área ocupada polos cabaleiros templarios, que se sabe que produciron moitas pías bautismais similares a esta.

Publicidade

Igrexa de Santa María de Cambre.

Ademais hai outro dato interesante: en toda Europa hai canto menos trinta supostas  hidrias de Xerusalén onde se di que se obrou o milagre da auga e do viño. E San Xoán precisa que eran exactamente seis as tallas utilizadas polo Mesías, polo que as reliquias  quintuplican en número á versión orixinal. Vén ser o caso das achas da Vera Cruz, que se sumásemos todas as que se conservan en centos de igrexas polo mundo enteiro darían para construír unha cruz de incontables metros de altura. Xa, Calvino, no século  XVI, dicía que había madeira en reliquias como para construír un galeón.

Pero volvamos á  hidria de Cambre.

A investigadora Margarita Vila da Vila, da Universidade de Santiago, xa deixou claro en varios estudos desde os anos 80 do século pasado que a orixe da pía de pedra era moi posterior: “Probablemente, trátase dunha produción do taller de artistas provenzais e italianos que, desde 1165 a 1187, traballaron na área ocupada polos cabaleiros templarios en Xerusalén”.

Ademais, os seus traballos botan luz sobre como puido chegar unha peza tan pesada ata tan lonxe, nunha viaxe que nos lembra ao propio pedrón de Padrón, onde segundo outra lenda amarrou a barca de pedra na que chegou a Galicia o corpo do apóstolo Santiago. Pedras, viaxes, relixión e lendas únense en ambas as dúas tradicións.

Neste caso, Vila da Vila apunta a que a  hidria “puido ser traída ata Cambre por un membro da casa de Traba ou por un templario”. E para apoiar esta teoría lembra a proximidade da igrexa de Santa María do Temple, ademais dunha inscrición dun tal “Petrus  ean  dei miles”, nun soporte do coro desta última igrexa.

O historiador da arte Carlos Sastre Vázquez estudou tamén con detalle esta igrexa de Cambre e, nunha  monografía no Anuario Brigantino (2010), atopa paralelismos na decoración co templo de  Salomón, pola profusión de columnas, á vez que ve a  hidria de Xerusalén como outro elemento que nos traslada a esta conexión orientalizante.

A hidria de Cambre.

Rosa María Rodríguez Porto e Rocío Sánchez Ameijeiras, noutro estudo sobre o  románico na provincia da Coruña, inciden tamén nesta conexión: “A hidria conservada en Santa María de Cambre semella percorrer o mesmo camiño que a barca do Apóstolo”.

E critican que a paixón dos fieis por esta lenda levou ao longo dos séculos a  deteriorar a peza absolutamente, ‘trabada’ por quen raña a pedra para extraer anacos con supostas virtudes milagreiras. Así, Rodríguez Porto e Sánchez Ameijeiras salientan “o sinal deixado na imaxinación dos fregueses de séculos posteriores. Por iso é polo que moitos visitantes non dubidaron en limar os seus bordos para preparar co pó unhas apócemas curativas, ata deixala no lastimoso estado no que se atopa agora”.

En canto ao papel do conde Fernando Pérez de Traba para trasladar esta pía de pedra ata Galicia, xa Antonio López Ferreiro apuntaba a esta conexión, porque só un home rico e poderoso podería facer este transporte dunha peza tan pesada e voluminosa desde un extremo do Mediterráneo ata un confín do Atlántico. Ademais, o conde de Traba fora o promotor da chegada ao reino de Galicia da orde do Temple, á que concedeu diversas terras e privilexios, incluídos algúns no que actualmente é o municipio de Cambre. Vila da Vila tamén sostén esta teoría, á que hai que engadir o feito que Fernando Pérez de Traba viaxou en dúas ocasións a Xerusalén, en 1137 e 1153, datas que coinciden coas datacións que se estiman para a  hidria.

Sexa como for, a realidade da peza ten unha apaixonante historia detrás. E, tamén, unha lenda popular: a de que unha igrexa de Cambre garda o testemuño do milagre da auga e do viño de Xesús de Nazaret nas vodas de Caná.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Primavera anticipada? Galicia roldará esta semana os 20 graos en pleno febreiro

Unha profunda borrasca no Atlántico afectará ao litoral galego creando unha alerta amarela por ondas de entre catro e cinco metros de altura para este martes e mércores

A eclipse total que somerxerá a parte de Galicia na sombra nun minuto

O fenómeno astronómico terá lugar en 2026 e, a diferenza dos que sucederán en 2027 e 2028, será visible en todo o seu esplendor no norte

Pode o dixital ‘matar’ os museos de ciencia e tecnoloxía?

Os máis críticos consideran que a dixitalización das salas distancia os visitantes das pezas físicas das exposicións

Galicia rexistra o primeiro caso da península dunha lagarta que se alimenta de néctar

Dous científicos documentaron o fito na especie 'Podarcis lusitanicus' durante unha observación en Porto do Son no verán pasado