Xacobo de Toro, Biólogo do Ano 2019

O profesor, un dos impulsores do proxecto de divulgación científica e educativa Xeoclip, recibirá o seu galardón este xoves 16 de maio

O profesor e biólogo Xacobo de Toro Cacharrón, un dos impulsores do proxecto de divulgación científica Xeoclipfoi elixido como Biólogo do Ano polo Colexio de Biólogos de Galicia (COBGA), que este xoves celebra a súa festa anual no Pazo de Adrán (Calo-Teo).

O recoñecemento recaeu en Xacobo de Toro “pola súa xa relevante contribución á innovación educativa en ciencias para a educación secundaria e bacharelato utilizando as novas tecnoloxías (video, realidade virtual, impresión 3D, YouTube…)”, segundo informou o COBGA nun comunicado. No acto seralle entregado un galardón, durante un encontro no que os membros da institución compartirán experiencias e se recoñecerá e agradecerá o esforzo aos colexiados que cumpren 25 anos na entidade.

Publicidade

Alén do premio de Biólogo do Ano, o COBGA entregará outros galardóns. A Empresa do Ano é a Cooperativa Agrogandeira Monte Cabalar, da que se valorou “a súa iniciativa de explotación silvopastoral comunitaria da terra para intervir sobre o abandono e o minifundio e significar unha oportunidade económica, ecolóxica e social”.

Pola súa parte, a Institución do Ano serán os Centros Oceanográficos de Vigo e A Coruña (pertencentes ao Instituto Español de Oceanografía) “en atención á súa dilatada e importante traxectoria no ámbito da investigación mariña especialmente nas áreas de pesquerías, da acuicultura e da protección ambiental do medio mariño”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

As microfibras son o principal microplástico detectado en bivalvos mariños

Un estudo do IEO de Vigo sinala que as febras azuis son as máis frecuentes e alerta de que as de celulosa rexenerada poden ter riscos comparables aos das sintéticas

Un novo modelo conceptual revela a elevada complexidade da dinámica do fitoplancto nas Rías Baixas

Un equipo do IEO-CSIC e da UVigo propón un enfoque por capas que evidencia a influencia dos afloramentos na organización das comunidades microscópicas

Detectan en Galicia dous novos rexistros de peixe bóla asociados á tropicalización do océano

Un estudo liderado polo Centro Oceanográfico de Vigo confirma a aparición de dúas especies pouco frecuentes nas augas do sur galego