Xoves 28 Marzo 2024

Volven as ‘Regueifas de ciencia’ cun debate sobre a experimentación en animais

Logo de debater sobre os transxénicos e o cambio de fuso horario, as ‘ Regueifas de Ciencia’ volven á USC para discutir nesta ocasión se está xustificado o uso de animais en experimentación científica. Será o mércores 21 de setembro ás 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación cando os catro especialistas confronten as súas posturas.

‘Regueifas de Ciencia’ é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela financiada pola FECYT que consiste en diversos debates tipo Oxford (con moderador, quendas de palabra cronometrados, estrutura por bloques…) s obre cuestións polémicas baseadas na ciencia.

Publicidade

O equipo a favor da experimentación animal compóñeno o filósofo Fernando Savater e Emma Martínez-Sánchez, da Asociación Europea para a Investigación Animal (EARA). Os detractores serán o filósofo e profesor da USC Óscar Horta e o avogado e membro do comité científico do Centro para a Ética Animal da Universidade Pompeu Fabra, Eze Paez.

No debate do mércores atoparanse dúas posturas fortemente enfrontadas. Por unha banda, a da comunidade científica que defende estas prácticas á vista da multitude de controis e normativas para garantir que se utilicen animais só naqueles casos nos que non hai alternativas. Argumentan que non se pode facer ciencia sen eles, polo menos mentres os ordenadores non sexan capaces de mimetizar a complexidade dun organismo.

Por outra parte, os detractores deste sistema pregúntanse ata qué punto é lícito ou eticamente aceptable levar a cabo experimentos con animais ou se compensa o seu sufrimento a cambio do beneficio humano. Poñen en dúbida certos experimentos como a inoculación de virus, descargas eléctricas, privación de comida, intoxicacións ou aplicación de substancias irritantes nos ollos e na pel.

Ademais de dar a coñecer os argumentos das distintas posicións ao redor dun tema, os debates cumpren unha función de aprendizaxe e enriquecemento na audiencia que participa del. De feito, para comprobar a efectividade desta clase de accións dialécticas, á entrada na sala preguntaráselle ao público –a través dun sistema de voto electrónico– cal é a súa postura inicial sobre o tema a tratar, que será confrontada xusto ao remate do debate.

O equipo que organiza estes debates, que se retransmiten en streaming dende a facultade, comezou xa a preparar o terreo da regueifa animando a un debate previo a través das súas contas en Facebook (http://www.facebook.com/regueifas) e Twitter (@regueifaciencia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:02:22

Así se comportan os animais cando ninguén os ve

A organización Rebinxe agochou cámaras nos montes galegos para retratar todo tipo de fauna e recompilar información para uso científico

Estudan diminuír o uso de antibióticos en animais a partir dun extracto de uva branca

O consorcio internacional coordinado pola profesora da USC Marta Lores desenvolveu en Porto a súa terceira asemblea xeral

Estes foron os primeiros animais da Terra

As medusas crearon a primeira liñaxe, séguenlle as esponxas e posteriormente, a diversificación de todos os animais

Volve ‘Regueifas de Ciencia’ cun debate sobre o cannabis

O encontro celebrarase o xoves 20 de abril ás 19.30h na Facultade de Comunicación da USC, con entrada libre ata completar aforo