Golfiños: conversas e infanticidio

De xeito case simultáneo temos asistido a dúas novas: unha “conversa” entre golfiños e un exemplo claro de infanticidio “entre golfiños” e da reacción “case humana” da nai, xa que permaneceu durante horas á beira do cadáver da súa cría morta, tratando de mantela aboiando e reanimala.

Os golfiños “conversadores” mantiveron a súa parola de xeito “civilizado”. Cada vez que un deles pronunciaba unha serie de clicks  (un dos tipos de sons que utilizan para comunicarse), o outro esperaba a que o seu compañeiro rematase antes de responder cunha frase similar. Aparentemente, non se interrompían como nós.

Publicidade

Trátase da primeira conversa entre golfiños que é rexistrada aínda que se descoñece o seu contido. Talvez falaban sobre se en España van convocarse ou non terceiras eleccións ou como afirman algúns “estes animais cantan cancións do artista español Rosendo.”

“O cerebro dos golfiños é (proporcionalmente ao seu tamaño) un dos máis grandes do reino animal e as súas capacidades e os sentimentos que semellan expresar non deixan de sorprender aos investigadores. Observando o seu comportamento pescudaron, por exemplo, que son capaces de resolver unha gran variedade de problemas, cooperan entre eles para conseguir alimentos para o grupo, choran aos seus compañeiros falecidos e teñen mellor memoria que a maioría das especies. Así, está demostrado que se acordan de golfiños cos que conviviron hai 20 anos.”

Publicidade

Por outra banda, “o infanticidio é un comportamento común que se observa en todo o reino animal, desde os insectos, os leóns aos seres humanos. Golfiños machos foron previamente observados atacando a crías en Escocia e Florida, e a investigación en crías de delfin mortos varados en Virxinia indica que os ataques violentos dos machos da mesma especie resultan en morte das crías.”

“A primeira vista, non ten moito sentido para os golfiños matar a membros da súa propia especie – especialmente dentro do seu propio grupo social. Pero este enigma da evolución ten unha posible explicación. Se un macho mata a unha cría, obrigará á femia a ser fértil antes”

O que observaron os biólogos do Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (BDRI, polas súas siglas en inglés) e de CEMMA  é inusual pola escaseza de relatos sobre este asunto e pola reacción da nai. O que sucedeu foi que dous golfiños machos en idade adulta a emprenderon a golpes ata a morte cunha das crías nadas este verán na ría de Arousa. Cren que co propósito de que a femia, ao perder ao seu fillo, poida entrar antes na época de celo, o cal permitiría o apareamiento aos arroaces autores da agresión moito antes do previsto, pois en caso contrario terían que esperar cando menos tres anos.

O que máis chamou ao atención aos biólogos, ata o punto de emocionalos, foi ver como aquela femia trataba desesperada e infructuosamente de manter con vida á súa cría agonizante.

Aquí está o vídeo publicado en Faro de Vigo

En todo o mundo apenas se documentaron media ducia de casos de infanticidio entre golfiños, e porque poucas veces antes se viu a unha femia desta especie coidar deste xeito á súa cría morta, cun comportamento propio de humanos que si se foi visto noutros animais, como os gorilas ou os elefantes.

Neste vídeo pódese observar o nacemento dun golfiño mular (Tursiops truncatus) seguido inmediatamente por un posible intento de infanticidio no estuario preto de Savannah, Xeorxia. O seu informe é único en varios aspectos: en primeiro lugar, foron testemuñas do nacemento da cría; segundo, observouse o comportamento infanticida case inmediatamente despois; e terceiro, obtivéronse gravacións acústicas concorrente co posible comportamento infanticida. As observacións proporcionan información sobre o posible comportamento agresivo infanticida nos golfiños mulares

A pregunta segue sendo, con todo, en canto a como podería ser de inusual o infanticidio. Talvez o infanticidio, como o mesmo nacemento do golfiño, é un caso común pero só raramente observado.

Antonio Figueras
Antonio Figuerashttp://iim.csic.es/es/estructura/11-inmunologia-y-genomica
Profesor de investigación do Centro Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O océano está cheo de oíntes… e a maioría escoita mellor ca nós

O son viaxa aproximadamente 4,5 veces máis rápido en auga de mar que no aire. Por Antonio Figueras

O microbioma do océano: cando un órgano invisible decide quen sobrevive

Non se trata só de microbios illados, senón de comunidades completas de bacterias, virus, arqueas e protistas, xunto coa súa información xenética e os compostos químicos que producen

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente