Vídeo | A revolución do Gran Triángulo

O Matemático Rodríguez axudou nas medicións do arco do meridiano de Barcelona a Formentera para definir o metro coa maior exactitude posible

A medición do Gran Triángulo a principios do século XIX foi un dos fitos científicos máis importantes da súa época. Os coñecementos, a versatilidade e a resistencia fronte ás condicións adversas do Matemático Rodríguez (11770-1824) contribuíron de maneira decisiva ao éxito da expedición, liderada polo astrónomo francés Jean-Baptiste Biot. Durante case dous anos, o científico galego fíxose cargo de localizar, instalar e manter operativos os vértices nas illas Baleares, facendo posible as medicións, baseadas no método da triangulación. A súa participación nesta aventura científica sen precedentes axudou a establecer, naquel momento, a medida exacta do metro, a nosa unidade de lonxitude, agasallo da Revolución Francesa.

O vídeo, producido por GCiencia e dirixido por María Piñeiro e Miguel Sardo, foi elaborado para a exposición da Real Academia Galega de Ciencias adicada ao Matemático Rodríguez, Científico Galego do Ano 2024.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición sobre o Matemático Rodríguez

A mostra homenaxea a figura do primeiro científico galego internacional e fai un percorrido pola súa traxectoria vital e profesional

Matemático Rodríguez, o gran home de ciencias de Galicia

A Real Academia Galega de Ciencias nomea Científico Galego do Ano 2024 a un lalinense universal

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a figura e legado do Matemático Rodríguez

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicos de distintas áreas do coñecemento

Podcast | Matemático Rodríguez, o primeiro gran científico de Galicia

O episodio repasa a vida e obra dun dos investigadores máis brillantes da historia da ciencia galega, nomeado Científico Galego do Ano 2024