Podcast | Matemático Rodríguez, o primeiro gran científico de Galicia

O episodio repasa a vida e obra dun dos investigadores máis brillantes da historia da ciencia galega, nomeado Científico Galego do Ano 2024

José Rodríguez González, coñecido popularmente como Matemático Rodríguez, foi o primeiro gran científico de Galicia que colleitou, ademais, un enorme recoñecemento internacional. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) nomeouno neste 2024, cando se fan 200 anos do seu falecemento, como Científico Galego do Ano. Este martes 8 de outubro conmemórase o Día da Ciencia en Galicia, que pon en valor o legado indeleble desde sobranceiro galego. Enmarcado nas múltiples actividades na súa honra, publícase este podcast producido por GCiencia para a RAGC.

O episodio, titulado Matemático Rodríguez, o primeiro gran científico de Galicia conta coa participación da investigadora Carmen Villanueva, autora da primeira tese sobre a vida e obra de Rodríguez. O podcast forma parte, ademais, dunha exposición itinerante sobre o Matemático Rodríguez que se pode visitar na igrexa da Universidade de Santiago (USC) ata o 12 de novembro, e que tamén se poderá ver en vindeiras datas no concello de Lalín —do que era orixinario Rodríguez— e na Casa de Galicia en Madrid. Este episodio conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da USC, do Consello da Cultura Galega e do Concello de Lalín.

Publicidade

Vocación pola ciencia

Rodríguez naceu na aldea lalinense de Bermés en 1770. Con tan só 10 anos foi estudar a Monforte grazas á axuda económica do seu tío eclesiástico. Porén, a relixión era unha imposición familiar e non vocacional, polo que unha vez en Santiago abandonouna en favor da ciencia. Foi nomeado catedrático de Matemáticas pola USC e a comezos do século XIX emprendeu varias viaxes científicas por Europa para ampliar coñecementos. Estivo en Francia, Reino Unido, Alemaña, Italia e Portugal. Unha das súas grandes fazañas foi ser nomeado comisario polo goberno español para a medición do meridiano entre Formentera e Barcelona. Tamén foi director do Observatorio Astronómico Nacional, en Madrid, que estaba en ruínas pola Guerra de Independencia contra os franceses. Faleceu en 1824 en Santiago.


Episodio realizado por Laura Filloy

Publicidade

Edición: Carlos Tresandí

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe

Tres científicos e dúas científicas de USC e UVigo reciben as Medallas de Investigación

Os premios da Real Academia Galega de Ciencias recoñecen a Mabel Loza, Sebastian Villasante, Leandro Alejano, Rosa Crujeiras e Francisco Rivadulla