Viaxar gratis en bus con menos de 21 anos: estímanse seis millóns de desprazamentos en 2023

Preto de 150.000 mozos teñen a Tarxeta Nova e desprázanse en transporte público de Galicia sen custo algún

Os menores de 21 anos farán seis millóns de desprazamentos gratuítos no autobús da Xunta neste 2023. Esa é a estimación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, que calcula que se rexistrará un millón máis de viaxes que durante o ano anterior. Así o declarou esta semana a titular do departamento, Ethel Vázquez, na presentación de Móvome, unha campaña para fomentar o uso do transporte público.

Segundo explicou a conselleira, arredor de 150.000 menores de 21 anos viaxan gratis no autobús da Xunta por toda Galicia, o que supón unha media mensual de aforro de 500.000 euros. Para beneficiarse desta medida, os mozos deben ter a Tarxeta Nova, a través da que a Xunta aplica directamente os incentivos económicos que, neste grupo de idade, lles permite viaxar gratuitamente. De todos modos, tamén hai a Tarxeta de Transporte Público de Galicia que aplica diferentes bonificacións para a poboación xeral.

Publicidade

Na presentación da campaña de fomento de transporte público Móvome, Ethel Vázquez asegurou que a Xunta destina case 100 millóns de euros ao ano para financiar o transporte público, o que resulta nun investimento de 300.000 euros ao día. Así mesmo, dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade renováronse preto de 3.500 liñas de transporte interurbano. Vázquez enxalzou estas medidas poñendo en valor viaxar en autobús público, dado que é unha forma de reducir os niveis de contaminación e a dispersión da poboación e de enfrontarse ao encarecemento dos combustibles.

Finalmente, a conselleira subliñou que as medidas adoptadas dende o seu departamento contribuíron a que no primeiro semestre de 2023, as liñas de titularidade da Xunta rexistrasen 18 millóns de viaxes, un 17% máis que en 2022. Quedan por coñecer os resultados do segundo semestre pero, polo de pronto, no mes de xullo xa se acadou un 30% máis de viaxeiros que no mesmo mes de 2022. O obxectivo, a fin de contas, é o de incentivar o uso do autobús como alternativa a unha mobilidade máis segura, limpa e accesible.

Publicidade

  1. O problema está en que moitas veces non fan a devolución dos cartos das viaxes e xa probei a ponerme en contacto coa conselleria pero non hai manera.Sabedes a manera de xestionar unha reclamación? UN SAUDO

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca