Xoves 23 Maio 2024

A USC acolle unha investigación pioneira sobre a toxicidade dos cereais en Kazajistán

O estudo sobre a presenza de elementos tóxicos e micotoxinas en cereais en Kazajistán centra a temática da tese de doutoramento que vén de presentar na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC Damira Tattibayeda, unha investigadora asiática chegada a Lugo a través dunha bolsa do programa Eramus Mundus e que se converte na primeira kazaja que acada o título de doutoramento no Campus Terra da USC.

O obxectivo da investigación, baixo a dirección dos profesores Carlos Franco Abuín e Graciela Nebot García, pasa por estudar e cuantificar a presenza e os niveis de varios contaminantes en cereais cultivados en Kazajistán, un país no que ata a data non se acometera ningún ou, cando menos, non se publicara ningunha investigación sobre a presenza e concentración de metais pesados e aflatoxionas en cereais.

Publicidade

A pertinencia deste tipo de estudos é se cabe maior en Kazajistán, dada a grande riqueza mineira que acubilla esta república. Daquela, segundo sinala esta investigadora, é posible que a explotación dos recursos mineiros, neste país de 2,7 millóns de quilómetros cadrados, se traduzan en contaminación tanto de metais tóxicos como o cadmio ou o chumbo, como por outro tipo de metais, como co vanadio, cuxa concentración tamén podería chegar a deparar niveis de toxicidade.

Damira Tattibayeva acometeu na súa tese de doutoramento un estudo do arroz producido na provincia kazaja de Kyzylorda, no Sur do país, unha rexión localizada preto do mar de Aral e do Cosmódromo de Kyzylorda tradicionalmente considerada moi contaminada. Os resultados das pescudas realizadas reflicten que o arroz integral presenta niveis de contaminación relativamente altos, tanto en metais tóxicos como noutros elementos esenciais. A contaminación neste tipo de arroz por metais pesados foi máis alta que a apreciada no arroz branco.

De feito, na investigación atopáronse de xeito específico algunhas mostras de arroz con altos niveis de arsénico inorgánico, por riba dos niveis máximos que marca a FAO. Tattibayeva tamén estudou na súa tese a concentración de metais pesados en arroz blanco cultivado en Kazajistán, Portugal e España, para logo calcular a inxesta media de metais tóxicos por parte da poboación. Dacordo con este estudo comparativo e dado o maior consumo de arroz que rexistra Portugal en relación con España e Kazajistán, a investigación conclúe que a poboación portuguesa acada unhas taxas de exposición a certos elementos maior que a que se rexistra en España ou en Kazajistán.

A investigadora tamén analizou os metais pesados e elementos esenciais en mostras de trigo de varias partes de Kazajistán produtoras deste cereal. Os métodos estatísticos permitiron diferenciar o trigo das distintas procedencias do país e tamén fixo posible comprobar como o lavado do mineral con auga exenta de contaminantes permite baixar significativamente os niveis de contaminación deste cereal.

Outro dos parámetros abordados no marco desta investigación afecta ao estudo da contaminación por micotoxinas nun produto tradicional que consume a poboación kazaja de orixe turca como é o talkan, un produto alimenticio resultante da mestura de cereais tostados, especialmente mijo, que se emprega como alimento enerxético. As pescuadas realizadas conclúen que hai unha importante contaminación por certas micotoxinas, sobre todo de zearalelona, o que fai que inxerir este alimento poida deparar un risco para a saúde.

Tribunal de tese e cualificación

O académico correspondente da Academia de Farmacia de Galicia e profesor da Universidade da Coruña Alejandro Pazos presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Damira Tattibayeva, quen mereceu a máxima cualificación de sobresaínte cum laude. O profesor da Universidade de Coimbra Fernando Ramos e o director do Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (Lhica) do Campus Terra da USC, Alberto Cepeda, que actou como secretario, completan a formación do tribunal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

Os cubículos e corredores reducidos nas granxas de Lugo afectan a produción de leite

A tese de Sonia Verdes Gil conclúe que as superficies incómodas prexudican a saúde e a hixiene das vacas

A USC investiga novos produtos naturais para loitar contra a avespiña do castiñeiro

Un equipo de Lugo traballa no proxecto 'Go Delicias' co obxectivo de identificar e desenvolver as defensas da árbore fronte ao insecto