Os mexillóns máis carnosos danse con invernos secos e veráns de nordés

Os invernos secos, as primaveras temperás e os veráns onde predomina o nordés favorecen o rendemento da carne dos mexillóns. Así o conclúe un estudo do CSIC, realizado en colaboración coa empresa Proinsa na ría de Ares e Betanzos. A investigación forma parte do proxecto europeo ClimeFish, que avalía os impactos do cambio climático na acuicultura e nas pescarías europeas.

Para chegar a esta conclusión, os científicos do CSIC recolleron datos dos mexillóns cultivados entre 2001 e 2012 por Proinsa. Avaliáronse as diferenzas no rendemento da carne dependendo da estación, así como as variacións duns anos a outros. Como variables meteorolóxicas empregáronse a radiación solar, os ventos costeiros e a descarga fluvial. Así, estes factores inflúen na temperatura da superficie do mar e, por tanto, na dispoñibilidade de alimento, o que condiciona o crecemento dos mexillóns.

Publicidade

O cambio climático afecta especialmente ao afloramento nas rías

Os resultados, publicados na revista Ecological Indicators, indican, por tanto, as condicións máis axeitadas para obter uns mexillóns máis carnosos. Así, o traballo establece a utilidade de vincular o rendemento da carne do mexillón coas condicións meteorolóxicas, utilizándoas para predicir a variabilidade estacional e interanual do rendemento en carne de mexillóns.

Este factor, segundo apuntan os investigadores, “permite inferir como podería afectar o cambio climático á calidade do cultivo de mexillón”, sobre todo en zonas sensibles ao afloramento, como son as rías galegas. “Nas últimas décadas, o índice de afloramento costeiro experimentou un descenso nas costas galegas, o que podería implicar unha ralentización da recuperación estival do rendemento da carne desde o seu mínimo en primavera. Non en tanto, dado que as proxeccións climáticas para o século XXI apuntan a unha intensificación do afloramento, cabe esperar un aumento da recuperación estival no rendemento da carne, que redundaría, á súa vez, en maiores rendementos comerciais para o cultivo”, conclúen os investigadores.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Un proxecto galego producirá mexilla mellorada en criadeiro para combater a falta de semente silvestre

O sector do mexillón galego é responsable de preto da metade da produción que abastece a Unión Europea

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé