Unistem Day: encontro internacional sobre células nai en Santiago

O grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular da USC reúne a 350 alumnos e profesores na Facultade de Medicina

Preto de 350 alumnos e profesorado de diferentes centros educativos de Santiago danse cita este venres 15 na Facultade de Medicina da USC na xornada Unistem Day 2019, o evento de divulgación sobre células nai máis importante de Europa e que, por sétimo ano consecutivo, organiza en Santiago o grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular da enfermidade de Parkinson da USC. O evento celébrase de xeito simultáneo para 30.000 estudantes de toda Europa coordinado pola Universidade de Milán.

O encontro comezou ás 9.00 horas no Salón de Actos Novoa Santos da Facultade de Medicina coa presenza do vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri; o decano do centro, Julián Álvarez Escudero; e o director do grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular e director do Departamento de Ciencias Morfolóxicas, José Luis Labandeira García. Neste ocasión participa alumnado dos IES Rosalía de Castro, Xelmírez I e II e García Barros da Estrada e dos colexios M. Peleteiro e Compañía de María.

Publicidade

A iniciativa pretende achegar a ciencia á xente máis nova e espertar o súa interese pola investigación a través das células nai. Unistem Day alcanza este ano a súa undécima edición ao tempo que traspasa por vez primeira as fronteiras europeas xa que reunirá a participantes nun centro de universidades e centros de investigación de quince países de catro continentes. Ademais de España, participarán representantes de Alemaña, Italia, Suecia, Francia, Reino Unido, Hungría, Polonia, Grecia, Portugal, Holanda e Austria, aos que se sumarán por primeira vez Singapur, Colombia e Australia. En España, ademais da USC, está confirmada a participacións doutras once universidades e centros de investigación da ‘Rede de Terapia Celular’, coordinados dende a Universitat de Barcelona.

Ademais das conferencias previstas sobre conceptos básicos, proxectos de experimentación actualmente en desenvolvemento ou informacións falsas en relación ás células nai, na xornada realizaranse conexións por videoconferencia coas universidades participantes, xogos e proxeccións de vídeos sobre os temas propostos. Na USC coordinan esta actividade Juan A. Parga Martín, Janette Rodríguez Pallares e Ana I. Rodríguez Pérez. O evento conta co patrocinio de Galmedic, Celta Ingenieros, Grupo 3, Glass Chemicals, Fisher Scientific, Grupo Merck, CiMUS, editorial Elsevier, Cienytech, Santiago Futsal, Domino’s Pizza e Gadis.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Como de sostibles son os bioplásticos?

Trátase dunha nova alternativa aos plásticos convencionais, fabricados con menos enerxía e biodegradables mediante compostaxe