Unha delegación universitaria de Xapón, formada polo vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Obihiro, Hisao Kurazono, e pola vicerreitora do Centro de Diagnóstico en Saúde Animal e Hixiene Alimentaria da mesma universidade nipona, Keiko Kawamoto, así como polo decano da Facultade de Veterinaria da Universidade de Hokkaido, Mutsumi Inaba, están a realizar unha estadía na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, a fin de coñecer o seu modelo de organización docente, así como as súas estruturas de servizos e de I+D+i.
A visita ao campus de Lugo desta comitiva xaponesa responde a unha recomendación da Asociación Europea de Centros de Formación Veterinaria (EAEVE) e encádrase no marco do proceso de reestruturación dos estudos de Veterinaria impulsado en Xapón, cuxo goberno pretende reorganizar en cinco as dez facultades públicas de Veterinaria existentes, a través da cooperación e a redistribución do estudantado. O número total de facultades de Veterinaria en Xapón é de 16, xa que a estes centros públicos cómpre sumar outras 6 facultades privadas.
Máis información no seguinte enlace:
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












