Venres 19 Abril 2024

Un terremoto de 2,7 graos na escala de Richter sacude Laxe

Un terremoto de 2,7 graos na escala de Richter sacude Laxe

Galicia viuse sacudida nas últimas horas por dous terremotos de baixa intensidade, nos municipios de Laxe (A Coruña) e Ribeira de Piquín (Lugo). Segundo informou o Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro dos tremores producíuse na madrugada do mércores en O Chao do Pousadoiro, en Ribeira de Piquín, cunha magnitude de 1,8 graos, rexistrado a 23 quilómetros de profundidade. Pola súa banda, ás 00,17 horas deste xoves rexistrouse un terremoto en Laxe de 2,7 graos de magnitude, considerado débil, con epicentro a 11 quilómetros de profundidade.
O alcalde de Laxe, José Manuel Mouzo, comparou a percepción no municipio coa “dunha explosión de gas”, pero remarcou a ausencia de incidencias. O alcalde explicou que houbo “sorpresa” entre os veciños, pero tamén “tranquilidade”. Tamén explicou que non se moveron os obxectos aínda que, polo menos no seu caso, si percibiu o movemento da vivenda. O rexedor confirmou que en Laxe houbo outros terremotos con anterioridade. “Pero nunca o sentín como este”, dixo sobre o percibido nesta ocasión.
 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Rouban vidros na Praia dos Cristais: “Cando se acaben non se poderán repoñer”

Este lugar formouse pola mala xestión dun vertedoiro próximo e o mar devolveu á terra o lixo en forma de pedras de cores

A Costa da Morte desde o aire no novo vídeo da Deputación da Coruña

A institución provincial continúa percorrendo o litoral, de case 1000 km de entrantes e saíntes, neste caso nunha zona célebre polos seus naufraxios

Sanidade estende as restricións a outros seis concellos por mor da Covid-19

A presenza do coronavirus leva a tomar novas medidas nos municipios de Laxe, Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilaboa e Poio

Terremoto de magnitude 4,5 preto do Banco de Galicia

É un dos maiores sismos detectados nas proximidades do territorio galego pola rede do Instituto Geográfico Nacional nos últimos 30 anos