Un proxecto sobre finanzas e outro sobre toxicidade gañan os premios Yuzz en Santiago e Lugo

OpSeeker, un asesor financeiro en liña independente, e ZebraNanoTox, un proxecto servizos de avaliación de toxicidade e eficacia de compostos e nanocompostos en peixe cebra, foron os gañadores da oitava edición  do programa Santander Yuzz nos centros de Santiago e Lugo, respectivamente.

Os gañadores viaxarán a Silicon Valley para continuar a súa formación

Os seus promotores conseguen así unha praza para viaxar a Silicon Valley xunto aos outros 50 mellores mozos e mozas emprendedores do programa que promove Banco Santander a través de Santander Universidades e coordina o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE). Á volta asistirán á final nacional que ten lugar na Cidade Grupo Santander de Boadilla del Monte na que se elixirán os tres mellores proxectos emprendedores, que recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros.

Publicidade

As ferramentas desenvolvidas polos promotores de OpSeeker, o licenciado en Finanzas Gonzalo Camiña Ceballos e a enxeñeira informática Lucie Hefnerová, traballan a parte psicolóxica dos investimentos e á vez proporcionan a información necesaria para que o usuario saiba cómo e onde debe investir, “axudando a comprender a importancia de combinar o aforro e os investimentos a longo prazo coas estratexias e produtos máis axeitados”, explican.

Pola súa banda, en ZebraNanoTox Vanessa Pérez Cedrón e a súa colaboradora Carla Gutiérrez baseáronse na utilización dun innovador e recente organismo modelo, como é o peixe cebra.

Publicidade

Ademais do premio ao mellor proxecto, o Centro Yuzz Santiago acordou recoñecer a valía doutros proxectos que pasaron este ano polo programa. En Santiago, Lumpwave foi o finalista do Premio Santander YUZZ de Innovación Tecnolóxica Disruptiva. O seu promotor, Ignacio Hernández Jiménez, pretende desenvolver un envase que permita a conservación da comida caseira (guisos, arroces, carnes..) sen necesidade de usar neveiras ou frigoríficos, durante máis tempo e de maneira máis cómoda.

En Lugo, EICPar, impulsado por José Angel Hernández Malagón e Antonio Miguel Palomero Salinero, resultou finalista nesta categoría, que impulsa INDRA cunha dotación de 3.000 euros e con apoio e asesoramento de profesionais de Indraventures.

Pola súa banda, Coeduca, un proxecto creado por Cecilia Porral Iglesias, foi seleccionado no Centro de Lugo como finalista para o premio YUZZ Muller que patrocina a Fundación EY dotado con 20.000 euros, mentres que en Santiago este galardón lle correspondeu a Andrea Hernández.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”