Aberta a segunda convocatoria do programa de excelencia InTalent, de Inditex e a UDC

A Universidade da Coruña e Inditex abriron a pasada semana a segunda convocatoria do programa de captación de talento InTalent UDC-Inditex. No marco do convenio de colaboración entre as dúas entidades, impúlsase esta acción de captación de talento para incorporar na UDC investigadores que se encontran na etapa de posdoutoramento, con proxección e ampla traxectoria internacional, baixo o único criterio da excelencia. Inditex vén apoiando nos últimos anos ás institucións de educación superior e o seu compromiso coa UDC é un dos seus sinais de identidade.

O prazo de presentación de solicitudes para o programa InTalent está aberto ata o 20 de setembro deste ano. Seleccionaranse dous novos investigadores que se suman aos investigadores InTalent que xa están traballando na UDC, Elena Pazos, co proxecto “Desenvolvemento de ferramentas químicas con aplicacións en biomedicina”, e José Antonio Cortés, co proxecto “Beneficios e impactos sociais das políticas de conservación ambiental na Europa post-crise: o caso galego”. O reitor resaltou a importancia deste programa de captación de talento para a Universidade da Coruña e aventurou un alto número de solicitudes apoiado polos datos da primeira convocatoria na que se presentaron máis de 140 curricula de case 20 países.

Publicidade

Máis información: http://www.intalent.udc.es/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O avance do piñeiro ameaza a caramiña, unha das xoias naturais das dunas galegas

Unha investigación constata que os piñeirais reduciron un 61,5% o ecosistema da Praia de Trece dende 1956 e dificultan a supervivencia da especie

A propulsión nuclear, a exame como alternativa para descarbonizar o transporte marítimo

Unha investigación do CITENI analiza os riscos dos reactores de sales fundidas para a súa posible aplicación nos buques do futuro

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares