Un estudo revela que o turismo en Galicia eleva o benestar pero tamén a desigualdade

O traballo de investigación ‘Tourism and income distribution: evidence from a developed regional economy’ é o gañador do Premio de Investigación en Economía de Galicia Valentín Paz Andrade. O xurado destacou o seu carácter innovador “ao abordar dende unha metodoloxía económica os efectos do turismo e, en concreto, a incidencia sobre as desigualdades internas a unha economía rexional”. Ademais, tamén destacou “o esforzo de construción dunha matriz de contabilidade social para medir os efectos obxecto de análise” e a inclusión de “recomendacións operativas de política económica que poden servir para mellorar a actuación dos poderes públicos neste campo”. Son autores deste traballo André Carrascal Incera e Melchor Fernández Fernández, que o publicaron en Tourism Management(2015).
O traballo de André Carrascal e Melchor Fernández conclúe que o se ben o turismo ten importantes efectos positivos sobre o conxunto da sociedade galega, polo incremento do nivel de benestar, estes efectos “son máis relevantes para os grupos con maiores niveis de renda –propietarios do capital e traballo cualificado-, contribuíndo ao incremento da desigualdade”. Como explicación a este efecto, os investigadores apuntan que o resultado obedece “a que a canle de transmisión do ingreso do turismo vía o factor capital domina o ingreso vía o factor traballo, e o sistema impositivo actual e a política de redistribución non permite corrixir o impacto directo da canle de ingresos”.
Máis información no seguinte enlace:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2015_12/noticia_0076.html
 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla