O documental ‘Queimar o monte’ analiza as causas dos incendios forestais en Galicia

A análise da casuística dos incendios forestais en Galicia centrará este martes unha xornada de análise e debate no salón de actos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, onde se proxectará, a partir das 16.00 horas, o documental ‘Queimar o monte’.

Unha vez rematada a visualización deste filme, producido por Uxía Buciños e Emilio Fonseca, terá lugar un debate sobre a temática dos incendios forestais no que intervirán como relatores o axente medioambiental José Vázquez Vázquez, o profesor do Departamento de Produción Vexetal da USC Manuel Antonio Rodríguez Guitián e Miguel Pardellas Santiago, coordinador do proxecto Batefogo.

Publicidade

Estas actividades de carácter informativo e tamén de sensibilización, organizadas polo grupo de innovación docente Ruralia en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC e a área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, son de entrada libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O cambio climático adiantará ata dous meses a tempada de risco de incendios na península

Unha investigación baseada en IA prevé que as condicións meteorolóxicas favorables á propagación do lume sexan cada vez máis frecuentes

Coñece ‘Chama’, o mapa interactivo que explora os incendios que arrasaron Galicia dende 2018

A aplicación creada pola deseñadora de información Isabel Burón analiza parámetros como os focos de calor, a superficie queimada ou a velocidade de propagación

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais