Twitter volve sufrir unha caída a nivel mundial

Fai case dúas horas que comezaron a rexistrarse problemas para publicar e seguir a usuarios nesta rede social

Non, non é cousa do teu móbil. Segundo a páxina especializada Downdetector os erros comenzáronse a reportar dende as 11 da mañá e unha hora e media despois segue causando trastornos aos usuarios. A aplicación deixou de cargar as mensaxes escritas e os usuarios informaron de problemas para publicar as mensaxes. O timeline non recollía correctamente os chíos e as búsquedas non funcionaban, si se se procuraba por unha conta en concreto na lupa. Tampouco se podía comezar a seguir a outro usuario e rechouchiar ou mencionar. De momento, non hai explicacións oficiais, e estes problemas foron rexistrados dende todos os dispositivos.

A plataforma comezou a recuperar algunhas funcións sobre as 12.00 horas pero todavía segue fallando o menú na sección “Seguindo“, que é a liña de tempo onde podes ler as mensaxes das persoas que exclusivamente teñen o teu follow, ou tamén a búsqueda de cancelos ou palabras clave na opción “máis recentes“, pois o resultado aparece en branco. Polo resto as funcións recuperaron a normalidade. É a segunda caída que sofre Twitter no último mes, unha das redes sociais más empregadas do mundo.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma

A Unión Europea propón prohibir as redes sociais aos menores de 13 anos e restrinxilas ata os 15

A nova EU Kids Act podería afectar a videoxogos e chatbots de intelixencia artificial e limitar os sistemas de retención de usuarios

Maite Taboada, colaboradora de Google: “O odio comeza por nós, o que fan as redes sociais é distribuílo”

A nova membro da Real Academia Galega de Ciencias é catedrática de Lingüística no Canadá, onde centra a súa liña de investigación na análise do discurso na rede e da desinformación

A información falsa sobre os protectores solares xera máis interacción en TikTok que os datos científicos

Só o 6% dos vídeos analizados por un estudo canadense mencionaba de forma explícita a redución do risco de cancro