A tese da galega Sara Mandiá, premiada pola Real Academia de Doutores de España

A investigación, desenvolvida na USC, aborda a presenza e actvidade en redes científicas de autores españois que publican en revistas de comunicación

A comunicación e divulgación da ciencia experimentou nos últimos anos, e en boa medida co impacto da Covid-19, un importante avance. Os cambios na forma de comunicar a investigación, con novos soportes, novas métricas e novas tarefas, que levan aos investigadores a seren máis proactivos na difusión dos seus traballos, abriron un novo escenario. Sobre este asunto xira a tese de doutoramento de Sara Mandiá Rubal, presentada na Universidade de Santiago de Compostela, e que recentemente recibiu o premio da Real Academia de Doutores de España á mellor tese, nun galardón patrocinado pola Fundación Ignacio Larramendi.

A tese distinguida co Premio Fundación Ignacio Larramendi foi un traballo de investigación defendido pola Dra. Sara Mandiá Rubal, titulado Presenza e nivel de actividade en redes científicas dos investigadores españois que publican en revistas de comunicación indexadas en Scopus (Elsevier): estudo dos perfiles en redes sociais e o seu posíbel impacto nos índices de citación, defendida por Sara Mandiá na Facultade de Ciencias da Comunicación, da Universidade de Santiago de Compostela.

Publicidade

A tese, segundo explica a súa autora, “demostra que o acceso aberto á información, e Internet particularmente, é unha vía de aproximación á información científica tan importante como os materiais físicos. A Covid-19 operou como acelerador desta tendencia, e como exemplo do seu alcance. En menos dun ano puido estudarse a enfermidade e obter o seu antídoto”, apunta Mandiá Rubal.

Máis actividade de difusión, máis citas

“No maremagnum que é a Rede, distinguirse é fundamental”, coidando a marca persoal, a identidade dixital. A investigación realizada a unha mostra de 2.257 investigadores demostrou matematicamente que unha actividade coidada na Rede vincúlase a un incremento de ata o 50% nos índices de cita dos autores estudados.

Publicidade

Por outro lado, non se apreciaron diferenzas substanciais entre o número de homes e mulleres que firman os traballos; pero si hai unha tendencia clara a seguir publicando en revistas científicas si se segue vinculado laboralmente á Universidade, fronte aos que optan por calquera outra vía, perdéndose un coñecemento de campo moi importante.

O patrocinio da Fundación Ignacio Larramendi apoia esta investigación no ano no que se cumpre o centenario do nacemento do seu fundador, Ignacio Hernando de Larramendi, recoñecido empresario que transformou MAPFRE (Mutualidade de Agrupación de Propietarios de Fincas Rústicas de España), compañía líder no seu sector. A Fundación do mesmo nome, quixo patrocinar e acompañar a entrega de galardóns, concedidos anualmente pola Real Academia de Doutores de España aos mellores traballos de investigación.


Referencia: Presenza e nivel de actividade en redes científicas dos investigadores españois que publican en revistas de comunicación indexadas en Scopus (Elsevier): estudo dos perfiles en redes sociais e o seu posíbel impacto nos índices de citación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O futuro dos medios galegos, a debate: máis de 300 estudantes participan en encontros con profesionais

GCiencia toma parte no acto organizado pola AMEGA, que se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía