Stat Wars conta xa con corenta participantes inscritos

Preto de 40 centros de toda Galicia xa confirmaron o seu interese en participar na xornada ‘Stat Wars: o despertar dos datos’, unha actividade dirixida a alumnado de ESO e de Bacharelato para transmitirlle que, ademais dunha profesión de futuro, a estatística pode ser unha ferramenta imprescindible en distintas disciplinas (medicina, economía, medio ambiente, xornalismo, …) para resolver situacións e problemáticas ás que hoxe en día se enfronta á sociedade. En Compostela, Stat Wars celebrarase o 17 de novembro de 11.00 a 13.00 horas no Teatro Principal.

Este proxecto lidérao o grupo interdisciplinar de Bioestatística da USC (GRIDECMB) que dirixe a profesora Carmen Cadarso Suárez en coordinación coa Universidade Carlos III de Madrid. O proxecto conta co apoio da Rede Nacional de Bioestatística (Biostatnet) e está co financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Tamén colaboran o Concello de Santiago e a empresa Biostatech SL.

Publicidade

O formato, que o equipo promotor cualifica de innovador e atractivo, busca fomentar a participación dos mozos e mozas e posibilitará unha aprendizaxe de forma divertida. Nun único evento, a xornada comezará con charlas e visualizacións de vídeos sobre temas de actualidade que xerarán o debate entre quen asista. Posteriormente están previstos xogos e concursos nos que o alumnado participará de xeito individual ou en grupo. Dado que o aforo está limitado a 400 prazas estableceuse un lista de agarda.

Para resolver calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar cos organizadores a través do correo electrónico proyecto.statwars@usc.es ou no teléfono 881.812.283. Tamén é posible atopar máis información en redes sociais, nomeadamente en Facebook  e Twitter .

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona