Sofía e Mateo repiten como nomes máis comúns dos nacidos en Galicia

O Instituto Galego de Estatística actualiza a súa listaxe de antropónimos máis frecuentes entre os neonatos de 2021

Mateo e Sofía manteñen un liderado incuestionable: volven ser os máis comúns entre os nacidos en Galicia en 2021. Xa capitanearon o podio en 2020, 2019 e 2018. É dicir, o dobrete de antropónimos leva encabezando a lista catro anos consecutivos. Así o confirma o Instituto Galego de Estatística (IGE), que acaba de publicar a actualización da súa Estatística de nomes dos neonatos galegos. O 6% dos nacidos en 2021 chámanse Mateo ou Sofía, con moi poucos cambios respecto a anos anteriores.

De feito, a listaxe dos nomes de nenas é a que introduce menos variacións nos primeiros postos. Máis en concreto, ningún en comparación con 2020. Os cinco antropónimos máis frecuentes seguen sendo Sofía, Noa, Martina, Lara e Valeria, por esa orde. Os cambios, aínda que moi pouco evidentes, déixanse notar na listaxe de nomes de nenos. En 2021 os primeiros postos lévanos Mateo, Martín, Hugo, Leo e Lucas. En relación ao ano anterior, Lucas perdeu dous postos: en 2020 era terceiro e agora sitúase no quinto lugar. En cambio, Hugo subiu do cuarto ao terceiro posto e Leo, do quinto ao cuarto.

Publicidade

No que respecta aos 20 nomes máis frecuentes xa se rexistran cambios máis significativos. Continuando coa listaxe de nomes de nenos, en 2021 aparecen Roi, Luca, Bruno e Alejandro. Pola contra, baixan postos Iago, Anxo, Mario e Adrián. Os cambios son menos significativos na lista das rapazas, que de novo volve ser máis estática. Nos 20 máis frecuentes de 2021 aparecen Emma e Lola e, pola contra, saen Alma e Uxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un terzo da poboación galega terá máis de 65 anos en 2039

O IGE estima que dentro dunha década haberá 260 individuos que superen os 65 anos por cada 100 menores de 20

Vivenda, traballo e lecer: cal é a provincia máis feliz de Galicia?

Ourense e Lugo sitúanse á cabeza do benestar segundo datos do IGE, mentres Pontevedra rexistra as valoracións máis baixas

Como serán os fogares do futuro en Galicia? Este será o seu cambio en 2039

As proxeccións do Instituto Galego de Estatística avanzan un incremento xeral das vivendas, con máis persoas vivindo soas e menos parellas con fillos

Cal é o apelido máis común no teu concello? Consúltao neste mapa

Os sobrenomes patronímicos son os máis frecuentes en Galicia: Rodríguez, Fernández e González son os que contan con máis persoas, aínda que non predominan nas catro provincias