Santiago acolle a primeira Olimpíada Científica Xuvenil Española

Case un milleiro de estudantes de ensino secundario reúnense en Santiago para participar nas probas ata o vindeiro sábado

A Facultade de Matemáticas da USC acolle dende este mércores 16 de outubro, e ata o sábado 19, as probas da fase estatal da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, certame destinado a fomentar e definir vocacións científicas. É a terceira vez, en máis de medio século de historia das olimpíadas científicas en España, en que a capital galega acolle a final estatal dun destes eventos, tratándose da edición inaugural desta Olimpíada Científica Xuvenil.

Durante catro xornadas, os participantes poñerán a proba os seus coñecementos de matemáticas, bioloxía, física, química e ciencias da Terra nunha serie de exames que incluirán problemas, cuestións teóricas e probas experimentais. O certame comezará este mércores na Facultade de Matemáticas, a partir das 15.00 horas.

Publicidade

Ademais de Matemáticas, as Facultades de Bioloxía e Física, o Museo de Historia Natural, así como os centros singulares da USC en Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) e en Medicina Molecular (CiMUS) acollerán as distintas actividades que integran o programa do certame e no que se enmarcan conferencias dos profesores Gonzalo Álvarez, Alberto Bugarín, José Ramón Leis, Ángel Carracedo e María José Alonso.

Éxito de participación

Publicidade

O acto de clausura e entrega de premios celebrarase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o vindeiro sábado 19 de outubro. A primeira edición desta olimpíada científica, dirixida a alumnado de ensino secundario, contou coa participación na súa fase autonómica de case un milleiro de estudantes de ata 15 anos, repartidos por todo o territorio español. En Galicia, houbo máis dun cento de participantes, procedentes de centros das catro provincias galegas.

Detrás da Olimpíada atópase QuinteScience, a asociación de antigos participantes nas olimpíadas científicas preexistentes. O grupo de mozos que a compón leva case unha década organizando eventos para a promoción do papel da ciencia na sociedade, tanto desde a perspectiva da divulgación como da educación.

Este novo proxecto inspírase na Olimpíada Científica Xuvenil Internacional, a cal conta cunha traxectoria integrada por quince edicións e, porén, aínda non fora implantada en España. Esta olimpíada destaca principalmente pola xuventude do seu público e o seu carácter interdisciplinario. Ademais, tal e como afirman dende a organización, outorga grande importancia ao traballo en equipo e ás habilidades dedutivas dos participantes

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos