Santiago acolle un evento internacional de divulgación sobre células nai

A xornada Unistem Day recibirá a 370 estudantes e profesorado de nove centros educativos de Galicia

O Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago (USC) celebra este venres 10 de marzo unha xornada de Unistem Day, o maior evento internacional de divulgación científica sobre células nai e terapia celular. O evento promóveo o Grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Párkinson, dirixido por José Luis Labandeira. Esta edición leva por lema A viaxe interminable da investigación en células nai, que se celebrará na Facultade de Medicina da USC, e que pretende achegar a ciencia a novos estudantes e espertar vocacións científicas.

Carácter internacional

Nesta edición prevese que uns 30.000 estudantes participen en actividades e visitas a laboratorios en 87 universidades e centros de investigación de 14 países: Alemaña, Australia, Dinamarca, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Países Baixos, Polonia, Reino Unido, Serbia, Suecia e España. No noso país, ademais da USC, participan 10 universidades e centros de investigación da “Rede de Terapias Avanzadas, TERAV”, coordinados desde a Universitat de Barcelona.

Publicidade

A Facultade de Medicina de Santiago acollerá a 370 estudantes e profesorado do IES Rosalía de Castro, Colexio M. Peleteiro, Colexio Compañía de María, IES Xelmírez I e IES Xelmírez II de Santiago, IES Manuel García Barros da Estrada, IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín, IES Plurilingüe de Valga e CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense. O evento conta co patrocinio do CiMUS, Celta Enxeñeiros, Fisher Scientific, Cienytech, Izasa Scientific, Glass Chemicals, Casio División Educativa, Levoriz, Merck, Editorial Elsevier, Domino’s Pizza, Gadis e Albarin Cátering.

O último en células nai e terapia celular

O evento incluirá charlas de docentes e investigadores da USC que abordarán temas de interese sobre os últimos avances no terreo das células nai e a terapia celular. Achegarán detalles sobre a investigación sobre células nai no laboratorio; ou falarán da ciencia con evidencia e o risco das fake news neste campo.
Tamén se celebrarán xogos interactivos para facer da ciencia algo divertido; e ademais, este ano, enmarcado nas actividades do “Ano de Investigación Ramón y Cajal”, incluirase unha charla sobre a vida e legado científico e artístico do considerado pai da neurociencia, Santiago Ramón y Cajal.

Publicidade

O acto de inauguración contará coa presenza do Reitor da USC, Antonio López Díaz, o decano da Facultade de Medicina, Julián Álvarez Escudero, e o director do departamento de Ciencias Morfolóxicas e investigador principal do grupo organizador do CiMUS da USC, José Luis Labandeira.


Podes consultar o programa completo nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un texto inédito de 1760 saca á luz o achado dun corpo saponificado en Noia: “Foi unha profunda conmoción”

O cura de Fruíme investigou o caso e negou a santidade do cadáver, ao que o pobo lle arrincara varias partes para usalas como reliquias

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos