Santiago acolle o evento final dun proxecto europeo de viticultura de precisión

A cita busca crear unha ampla rede de contactos para os profesionais do sector vitícola

O próximo 9 de febreiro o proxecto europeo de innovación VINIoT celebrará na sede FEUGA de Santiago de Compostela (Campus Vida) o seu evento final de proxecto, tras 3 anos en activo, cunha feira aberta ao sector. O proxecto, financiado polo programa Interreg SUDOE (Programa de Cooperación Territorial do Espazo Suroeste Europeo), está centrado nun servizo de viticultura de precisión baseado en rede de sensores intelixentes para a transformación dixital de PEMES. 

A principal innovación do servizo é a fusión das dúas principais tecnoloxías que se empregan na monitorización do viñedo: imaxes multiespectrais e sensorización do chan. Os principais resultados serán presentados pola coordinadora do proxecto, Rocío Pena, xunto con Tamara Rodríguez de FEUGA, Nicolas Saurin de INRAE (Instituto Nacional de Investigación sobre Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de Francia), e Julio Illade de AIMEN Centro Tecnolóxico. 

Publicidade

Tras a presentación celebraranse dúas mesas redondas centradas na sustentabilidade do servizo VINIoT. A primeira contará con expertos procedentes das entidades Viña Costeira, Monet Vicultura e Paco&Lola para achegar o enfoque do sector vitícola rexional sobre o proxecto.

Os relatores da segunda mesa conversarán sobre a sustentabilidade dos resultados da investigación no marco da visión europea da agroalimentación intelixente coa presenza dos Centros Europeos de Innovación Dixital (EDIHs). 

Publicidade

A organización convida os proxectos e iniciativas relacionadas coa viticultura de precisión a participar de maneira activa neste evento final, onde os interesados poderán promocionarse e expoñer materiais divulgativos. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea novos alimentos a partir dos excedentes da industria láctea e das castañas

Sueroval é un grupo operativo no que empresas e centros de investigación elaboran un aditivo de alto valor a partir de subprodutos do sector agrogandeiro

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade

Máis eficiente e sostible: así funciona o sistema galego que optimiza o uso do xurro como fertilizante

O proxecto Purinpreciso mide o nivel de nutrientes que require o solo en tempo real para adaptarse ás necesidades de cada explotación

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo