A sanidade vexetal, tema principal do segundo foro de debate do Campus Terra

Este vernes celébrase a segunda sesión do ciclo de conferencias forestais organizadas pola Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus Terra da USC. Centraránse na sanidade vexetal, a súa regulación e a problemática asociada.

A charla será moderada pola profesora Cristina Cabaleiro Sobrino e terá lugar na sala de xuntas do centro universitario lugués a partir das 12:00 horas.

Publicidade

Os relatores que participarán neste foro serán o enxeñeiro forestal do Servizo de Montes de Pontevedra, Agustín Blond Arredondo, o enxeñeiro agrónomo e responsable de medio ambiente e regulamentación do grupo empresarial Agroamb, Alberto Amador García, e a profesora do Departamento de Produción Vexetal de Proxectos de Enxeñaría da USC na EPS María José Lombardero Díaz. Ao finalizar, dará comezo un debate aberto no que o público poderá realizar as preguntas que considere.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

A árnica mostra unha elevada diferenciación na península ibérica fronte ás poboacións europeas

Un equipo da USC revela as singularidades da planta medicinal e advirte da súa delicada situación polo seu uso continuado en farmacia e cosmética