Pontevedra acolle o Congreso Internacional da Sociedade de Estudos Renacentistas Ingleses

A 28 edición do Congreso Internacional da Sociedade Española de Estudos Renacentistas Ingleses (SEDERI) estase a celebrar na cidade galega de Pontevedra dende o mércores no Teatro Principal e a Casa das Campás. O eixe central son “as pontes transculturais” como sinala o profesor e responsable do comité organizador, Jorge Figueroa.

Preto de 40 especialistas de España, Portugal, Inglaterra, Estados Unidos, Gales, Alemaña, Italia e Polonia reflexionan, entre outros, sobre a adaptación de obras literarias de autores renacentistas ingleses no teatro ou no cine, a influencia de obras españolas en textos ingleses, a literatura de viaxes ou a representación do espazo urbano e do mar na literatura dos séculos XVI e XVII.

Publicidade

Transcultural Bridges: Seas, Towns and Text in Early Modern England, é o título do congreso no que as ideas principais que se desenvolven son a “transculturalidade e trantextualidade”, unhas temáticas que, “sen dúbida, son de grande interese para coñecer mellor e reinterpretar a cultura inglesa do período moderno temperán”, como di o profesor.

No acto inagural, a presidenta da SEDERI, Clara Calvo, sinalou que “Galicia Galicia ten un vínculo especial coa historia e a cultura transatlánticas”, lembrando a “longa historia de emigración” dos galegos “que saben como os océanos poden converterse en pontes”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro