Celebran o Xeolodía cunha excursión ás covas graníticas de Adeghas, no Carballiño

A Sociedade Xeolóxica Española, a Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra e o Instituto Xeolóxico e Mineiro organizan, un ano máis, o Xeolodía. A actividade de divulgación terá lugar o sábado seis de maio  para achegar a xeoloxía á sociedade.

O principal obxectivo é observar as características morfolóxicas nun breve traxecto nos arredores da vila termal de Partovia. “O tipo de rocha dominante é o granito adamellítico de dúas micas. No traxecto que se vai a percorrer durante o Xeolodía, e que segue as marxes do río Varón, afluente do Avia, teremos ocasión de estudar os tres tipos de cavidades características deste granito, como son as covas de fisura, covas de bloques e tafone”, apuntan os organizadores.

Publicidade

O campus de Ourense volverá a implicarse na súa celebración na provincia, participando na organización a docente da Área de Xeografía Física, Elena de Uña. A cita consta dunha excursión guiada polas covas graníticas de Adeghas en Partovia, O Carballiño. A inscripción é gratuíta e aberta a todas as personas interesadas.

A organización implica a membros do club espeleolóxico Cetra e do Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña, ademáis da Facultade de Historia do campus de Ourense. “Ao longo da xornada, poderán descubrir e coñecer aspectos sobresaíntes do noso patrimonio xeolóxico e xeomorfolóxico. Será unha boa ocasión para apreciar, comprender e valorar tanto a orixe como as características singulares do patrimonio natural ourensán”, afirma de Uña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis de 200 persoas asistirán aos Google Devoloper Groups galegos

O GDG DevFest celebrarase o 26 de outubro na Escola Superior de Enxeñaría Informática e nel terán lugar conferencias e obradoiros de carácter tecnolóxico

A verdadeira quinta provincia

En Galicia poden existir preto dun millar de cavidades subterráneas, un verdadeiro tesouro en gran parte aínda descoñecido

O programa conxunto de Turismo e Xeografía e Historia bota a andar

O vindeiro curso académico 2017/2018 impartirase por primeira vez no campus...

Curso de pilotaxe de drones no campus de Ourense

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo desenvolverá a actividade entre os días 7 e 14 de xuño