Curso de pilotaxe de drones no campus de Ourense

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense acolle do 7 ao 14 de xuño o curso de formación Introducción aos sistemas aéreos non tripulados. O principal obxectivo é achegar esta tecnoloxía ao alumnado de titulacións técnicas que queira ter un primeiro contacto con ela.

A actividade terá un carácter moi práctico e incidirá en aspectos como os diferentes subsistemas que compoñen un dron e cuestións relativas á lexislación actual neste eido, entre outros temas, segundo explican os seus responsables.

Publicidade

O curso, de 30 horas de duración, será impartido por Higinio González Jorge, profesor da Área de Xeodesia e Teledetección da Universidade de Vigo e piloto certificado de drones dende o ano 2014. A Escola explica que o docente conta con experiencia tanto a nivel de desenvolvemento como operación con diversos sistemas aéreos non tripulados, tanto de ala fixa como rotatoria, así como no relativo a subsistemas de navegación e sensores de imaxe embarcados, tanto activos como pasivos.

Durante os módulos teóricos do curso, os asistentes introduciranse nesta tecnoloxía e en aspectos dela como a enerxía e propulsión; a dinámica e o control; os subsistemas de UAS e as súas aplicación comerciais, que abranguen desde o mundo audiovisual ao loxístico. Polo que respecta aos módulos prácticos, achegaranse a temas como a planificación do voo fotogramétrico e procesado de datos; ao funcionamento de motor ‘brushless’; á simulación dinámica de quadrotor; ao sistema de control dun ximbal para cámaras e ás especificacións técnicas de drones, vendo casos prácticos de monitorización de cultivos agrícolas e aplicación de fitosanitarios en agricultura. O alumnado tamén realizará unha visita ao Centro de Investigación Aeroportada no Aeródromo de Rozas, en Lugo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade