O dilema entre privacidade e seguridade na rede, a debate nas Regueifas de Ciencia

A Facultade de Comunicación da USC acolle o xoves 1 de xuño unha nova sesión das Regueifas de Ciencia. Nesta ocasión, falarase do dilema entre o dereito á privacidade na rede e a necesidade de garantir a seguridade dos cidadáns na loita contra o crime.

Os avances nas tecnoloxías da información e a comunicación multiplicaron de forma exponencial a capacidade de comunicación e de intercambio de información, modificando de forma radical as dinámicas da sociedade e da intimidade das persoas. Esta nova situación leva a formular dous retos principais como son a seguridade e a privacidade. Por unha banda, a nosa actividade diaria vai deixando un rastro dixital que pode por en risco a nosa privacidade e, por outra, ameazas como o terrorismo impoñen unha serie de medidas como a vixilancia masiva, necesarias para a prevención de calquera ataque contra a nosa integridade.

Publicidade

Diante desta disxuntiva, Regueifas de Ciencia propón no seu debate, que comezará ás 20 horas, unha reflexión sobre que priorizar: a seguridade ou a privacidade. Cuestións como se existen garantías de privacidade fronte ao Estado ou as empresas, a propiedade dos datos persoais ou se é suficiente a lexislación existente serán tratadas nese foro de reflexión.

Como é habitual, na Regueifa participarán especialistas de primeiro nivel como a xornalista de eldiario.es Marta Peirano, fundadora de Cryptoparty Berlin e co directora de COPYFIGHT; a avogada especialista en Dereito Tecnolóxico Paloma Llaneza; o membro da Unidade de Investigación Tecnolóxica do Corpo Nacional de Policía Eduardo Casas; e Alberto Calero, enxeñeiro de Telecomunicacións e membro de A&J Calero e Maven7.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Amtega ofrece un catálogo de servizos para unha dixitalización inclusiva nos concellos

A axencia da Xunta ofrece máis de 40 solucións que engloban ámbitos como a administración dixital, a xestión do territorio, a ciberseguridade e a capacitación da cidadanía para a Internet

Os concellos que empregan as ferramentas de ciberseguridade da Xunta cuadriplicáronse nun ano

Na primeira metade de 2025 houbo preto de 2.000 alertas por posibles fraudes reportadas a entidades locais

A ciberseguridade do futuro chega a Galicia coa primeira comunicación cuántica na UVigo

Un equipo de atlanTTic crea a primeira canle de comunicación imposible de descifrar utilizando as propiedades da física cuántica