Charla sobre Baltasar Merino na UDC

O salón de actos da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña acolle este mércores 24 de maio unha charla informativa sobre Baltasar Merino, o botánico ao que este ano se lle adica o Día da Ciencia en Galicia. A sesión, que comezará ás 12.30, será impartida por Francisco Javier Silva Pando, científico do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

Baltasar Merino naceu en 1845 en Lerma (Burgos) e, con 15 anos, ingresou na Compañía de Xesús, onde se formou en Filosofía, Humanidades e Retórica e foi ordeado sacerdote. Foi enviado a Cuba, Estados Unidos, Francia e Porto Rico, destinos nos que iniciou o labor docente que o levaría en 1880 a Galicia, onde viviu ata o seu falecemento en 1917 (Vigo) e desenvolveu toda a súa faceta científica.

Publicidade

A obra máis destacada de Merino foi a Flora Descritiva e Ilustrada de Galicia, publicada en varias entregas entre 1905 e 1909. Trátase do primeiro inventario exhaustivo do manto vexetal galego, cun total de 1.845 especies, moitas delas descoñecidas ata entón, que serían ampliadas en sucesivas Adicións. Segundo a catalogación feita pola Real Sociedade Española de Historia Natural, trátase da primeira flora rexional completa de España. Para elaborala, ademais de realizar numerosas expedicións por toda Galicia, contou coa colaboración de antigos alumnos, curas das parroquias rurais e outras persoas que lle facilitaban informacións e mostras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur