As Regueifas de Ciencia regresan cun debate sobre o papel da industria alimentaria

As Regueifas de Ciencia, unha iniciativa que se iniciou con gran éxito no 2016, xa teñen nova data. Este foro de debate, impulsado por investigadores, profesores e alumnos da USC e financiada pola FECYT (Fundación Española de Ciencia y Tecnología)  celebrará o vindeiro día 28 de marzo a súa primeira edición neste 2017. Será cun debate que xirará en torno á pregunta: “Promove a industria alimentaria unha alimentación sá?“.

A Regueifa, que terá lugar na Facultade de Comunicación da USC ás 20 horas do día 28. Por unha banda, como críticos ante o labor da industria alimentaria, estarán Rosaura Leis, profesora da USC, pediatra e coordinadora da Unidad de Nutrición Pediátrica do Chus, e a José Manuel López Nicolás, profesor de Bioquímica da Universidade de Murcia, director da unidade de divulgación científica da mesma universidade, autor do blog Scientia e do libro “Vamos a comprar mentiras.

Publicidade

Fronte a eles, defendendo o papel das empresas e organismos de alimentación, estarán Enrico Frabetti, director de Política Alimentaria, Nutrición e Saúde da Federación Española de Industrias de la Alimentación y Bebidas (FIAB), e Rafael Urrialde de Andrés, director de Saúde e Nutrición de Coca-Cola Iberia.

Entrada libre

Publicidade

A entrada ás Regueifas de Ciencia, que se retransmitirá tamén por internet, é de libre acceso ata completar aforo. O público asistente poderá manifestar tamén a súa opinión sobre o debate, realizando unha votación electrónica ao comezo e ao final do acto. Deste xeito, analizarase se houbo cambios de posición para ver cal das dúas posicións dos poñentes resultou máis convincente.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Que historia ocultan as rochas? Unha nova páxina web galega ten a resposta

A iniciativa Xeogalicia ofrece artigos, mapas, guías e recursos educativos para achegar a xeoloxía de Galicia a todos os públicos

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país