Fases de Venus

Créditos da imaxe e copyright: Daniel Herron.
Créditos da imaxe e copyright: Daniel Herron.

Explicación: así e como a Lúa ten fases, o hemisferio alumeado polo sol de Venus medra e diminúe. Esta composición de imaxes telescópicas ilustra os trocos paseniños do planeta interior, visto ao oeste coma a estrela verpertina, mentres Venus se fai máis grande pero estreito ata un fino crecente desde o 20 de decembro de 2016 deica 0 10 de marzo. Venus, escorregando ao longo da súa órbita interior entre a Terra e Sol, faise máis grande durante ese periodo porque se achega ao planeta Terra. Aínda que o crecente faise máis estreito mentres abanea máis preto da nosa liña de visión co Sol. O 25 de marzo, máis preto da liña Terra-Sol pero pasando uns 8 graos ao norte do Sol, Venus acadará unha conxunción inferior (non crítica). Xusto despois, Venus brillará claramente por riba do horizonte leste nos ceos que preceden ao mencer como a estrela matutina do planeta Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo