Primeira convocatoria para contratar investigadores do programa InTalent da UDC e Inditex

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presentará en rolda de prensa o vindeiro mércores, 2 de novembro, a primeira convocatoria para contratar a dous investigadores posdoutorais do Programa InTalent UDC-Inditex. A presentación aos medios de comunicación farase na Sala de Prensa da Reitoría ás 11:00 horas, e ademais do reitor estará o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya.

O Programa InTalent UDC-Inditex ten como obxectivo atraer á Universidade da Coruña a científicos con proxección e ampla traxectoria internacional para que desenvolvan o seu proxecto investigador nos centros de investigación da UDC na Coruña e Ferrol. Este Programa que se está a poñer en marcha nace da colaboración coa empresa Inditex, logo de que o pasado 17 de outubro o reitor e o presidente de Inditex, Pablo Isla, asinasen un convenio de colaboración.

Publicidade

A multinacional comprometeuse a financiar o proxecto, que ten vixencia ata o ano 2021, cun total de 1.450.000 euros para contratar a seis científicos. Os investigadores seleccionados incorporaranse anual e progresivamente en grupos de dous nos anos 2017, 2018 e 2019. Rematado o período de estadía de cada investigador, a UDC integraraos como persoal docente e investigador. Os científicos serán seleccionados por unha comisión que avaliará os seus méritos, sendo a excelencia investigadora o criterio principal. Valorarase tamén o impacto científico e social positivo do plan de investigación. Cada investigador permanecerá contratado con cargo ao convenio durante dous anos, con posibilidade de prórroga dun ano máis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático

Selo galego no deseño de novos polímeros máis eficientes para a enerxía solar

Unha investigación internacional liderada desde a UDC afonda no coñecemento sobre os materiais de nova xeración para paneis fotovoltaicos

Galicia, o lugar onde un océano se pechou

O territorio galego é testemuña de millóns de anos de movementos tectónicos que deron lugar ás formacións xeolóxicas actuais