As mareas vermellas xa teñen o seu documental

Xa está aquí o tráiler de Mareas Vermellas. Trátase dun documental realizado por Bioimaxe en colaboración con Ardora e a produtora Inxenia, que explicará con imaxes rodadas na fía de Vigo, e cunha linguaxe accesible, a orixe destes fenómenos habituais das rías galegas e con consecuencias para o sector mexilloeiro.

Presentación en Vigo do tráiler.
Presentación en Vigo do tráiler.

A iniciativa, que conta co respaldo da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), compleméntase cunha páxina web que inclúe un apartado para que os cidadáns alerten da presenza de posible toxinas, así como coa elaboración de diverso material divulgativo.

Publicidade

O documental, de 20 minutos de duración, mostra o papel dos científicos fronte ás mareas vermellas e inclúe entrevistas con expertos do Intecmar, que son os responsables de realizar os controis, o Centro Oceanográfico de Vigo e o Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. Tamén dá voz ao sector mexilloeiro, sendo Galicia o primeiro produtor de Europa.

“Xa temos acordos con dúas salas de cinema de Santiago e Pontevedra e queremos levalo tamén a colexios e institutos”, sinala Jorge H. Urcera, de Bioimaxe.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional