A prestixiosa revista ‘Nature’ recoñece un estudo galego sobre mala praxe científica

As retractacións de artigos biomédicos cuadriplicáronse nos últimos 20 anos, segundo a análise liderada polo investigador da USC Alberto Ruano

Os datos pouco fiables, a falsificación e a duplicación son algúns dos motivos polos que as retractacións de artigos científicos se cuadriplicaron nos últimos 20 anos. Unha cifra que revelou un estudo publicado recentemente e liderado por Alberto Ruano-Raviña, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago (USC). Agora, a prestixiosa revista Nature acaba de recoñecer a investigación galega adicándolle unha entrada na súa sección de noticias, onde se analiza como a mala praxe científica —manipulación de datos e imaxes, e fraude nas autorías— deriva nunha crecente retirada de publicacións dende o ano 2000. De feito, en 2023 rexistrouse a cifra récord de 10.000 artigos retractados.

“Os nosos resultados indican que a mala conduta na investigación se fixo máis frecuente en Europa nas dúas últimas décadas”, sinalan os autores do estudo. Con todo, estes datos tamén requiren dunha análise pormenorizada e máis alá da mala praxe científica, o motivo maioritario polo que se retiran os artigos, tamén hai que salientar a retractación de investigacións por erros honestos. Tamén é probable que o maior esforzo da comunidade científica por detectar artigos falsos sexa outro dos factores que estea a aumentar considerablemente as cifras de retractacións nos últimos anos.

Publicidade

As fábricas de artigos

Segundo sinalan na peza publicada en Nature, que debulla detalladamente o estudo galego, Ruano-Raviña e o seu equipo analizaron 2.000 artigos biométicos cuxo autor principal pertencera a unha institución europea e que foran retirados entre o 2000 e o 2021. “De todos os artigos retractados, o 67% se retiraron por mala conduta e arredor do 16% por erros honestos. No resto non se indica o motivo”, sinalan dende Nature. As investigacións que se utilizaron no estudo incluín artigos orixinais, revisións, informes de casos e cartas que se publicaron en inglés, castelán e portugués.

Con todo, os motivos das retractacións varían entre os comezos do século e o ano chave da pandemia. Mentres que no 2000 se retiraban por problemas éticos e legais, que podían estar relacionados con autorías dubidosas ou falsas, ou obxeccións por parte de certas institucións; en 2020 retiráronse especialmente por duplicacións e “datos pouco fiables”. Segundo os autores, isto último podería estar relacionado coas denominadas “fábricas de artigos”, estando España entre os catro países europeos que maior número de artigos biomédicos retractou nos últimos 20 anos.

Publicidade


Referencia: Biomedical retractions due to misconduct in Europe: characterization and trends in the last 20 years (Publicado en Scientometrics)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo pioneiro sobre fisión nuclear con participación galega publícase en Nature

Investigadores do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías colaboraron nun estudo que ofrece un mapa detallado dunha nova illa de fisión asimétrica

O canceríxeno gas radon: canto hai no teu posto de traballo?

O estudo máis amplo realizado en España inclúe datos de 3.140 espazos laborais de 14 provincias españolas, aínda que a maioría localizados en Galicia

Un equipo galego avanza no estudo do cancro de pulmón microcítico, un dos máis letais

Investigadores do IDIS participan nun proxecto nacional para afondar na distribución, tendencias e carga do tumor e así mellorar a supervivencia e calidade de vida dos pacientes

Unha científica galega advirte en ‘Nature’ do aumento de colapsos en pontes

A deterioración dos materiais, as sobrecargas de vehículos e trens, e os fenómenos extremos intensifican o dano que sofren as infraestruturas