A investigadora Cristina Candal presenta un traballo pioneiro sobre mala praxe científica

A tese inclúe a descrición das "paper mills", é dicir, organizacións ilegais que fabrican artigos para a súa venda

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiagou (IDIS) vén de presentar a primeira tese doutoral sobre mala praxe científica. O traballo titulado Mala conduta en publicación científica: análise da situación e tipos específicos foi presentado na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago (USC) pola súa autora Cristina Candal Pedreira, baixo a dirección dos investigadores do IDIS Mónica Pérez Ríos e Alberto Ruano Raviña, este último catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC. 

Este traballo inclúe a descrición de artigos procedentes de “organizacións paper mills“, é dicir, aquelas potencialmente ilegais que fabrican artigos para a venda. Tamén establece a análise das retractacións por mala conduta científica en diversos países, concretamente en España, Portugal e Brasil; e as percepcións e experiencias de investigadores españois na área biosanitaria sobre prácticas relacionadas coa mala conduta. A tese preséntase por compendio de artigos científicos con 11 publicacións, das cales oito foron publicadas en revistas indexadas no Journal Citation Reports e tres atópanse enviadas para a súa publicación.

Publicidade

O contido da tese

O obxectivo principal é analizar diferentes aspectos da mala conduta científica desde distintos enfoques, organismos nacionais encargados da integridade científica, as institucións de investigación, as revistas científicas e os propios investigadores; empregando para iso unha metodoloxía variada. Os resultados deste traballo supoñen unha chamada de atención “ante a mala conduta científica nas súas múltiples facetas e tiveron gran difusión no ámbito académico e comunicativo”, sinala Alberto Ruano, un dos codirectores do traballo.

A publicación máis destacada incluída nesta tese foi a análise da evolución e a caracterización dos artigos procedentes de organizacións paper mills, publicado no ano 2022 no British Medical Journal, unha das revistas máis prestixiosas do mundo en biomedicina, onde o equipo da USC liderou un traballo no que participaron investigadores de Yale e Brown. 

Publicidade

O estudo foi realizado cun contrato predoutoral de formación en investigación en saúde (PFIS), unha axuda competitiva do Instituto de Saúde Carlos III adxudicada a través do IDIS. Esta tese opta a mención internacional con estadías de investigación da doutoranda nas Universidades de Brown e de Yale, en Estados Unidos, e na Universidade de Nova de Lisboa, en Portugal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía