Premio no Congreso Nacional de Investigación para tres alumnas de Veterinaria de Lugo

As estudantes da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC Alba Nadal Grau, Mónica López Echevarría e Paula Rodríguez Villamayor acadaron o premio á mellor comunicación científica no X Congreso Nacional de Investigación para Alumnos pre graduados en Ciencias da Saúde, un certame desenvolvido do 21 ao 23 deste mes en Madrid e organizado pola Universidade Complutense.

A comunicación científica presentada polas alumnas da Facultade de Veterinaria de Lugo que resultou distinguida co primeiro premio neste congreso desenvólvese baixo o título ‘Estrés en coellos domésticos’ e foi realizada baixo a titoría da profesora do Departamento de Patoloxía Animal da USC Cristina Castillo.

Publicidade

A investigación das estudantes galegas versou sobre o coello como animal doméstico

O estudo recollido nesta comunicación trata sobre todos aqueles condicionantes capaces de promover situacións de estrés en coellos domésticos de distintas razas, unha especie que cada vez está adquirindo máis peso como mascotas ou animais de compañía. Sen embargo, o estudo incide en que a existencia de moitas as lagoas relativas ás súas necesidades sociais, nutricionais e medioambientais é un factor ou situación que predispón a estes animais ao padecemento de numerosas enfermidades.

O premio acadado polas estudantes da Facultade de Veterinaria da USC no X Congreso Nacional de Investigación para Alumnos pre graduados en Ciencias da Saúde, un foro orientado a iniciar aos participantes na investigación científica, ten, se cabe, máis relevancia pola elevada cifra de congresistas inscritos.

Publicidade

De feito, cómpre sinalar que participaron e presentaron traballos de investigación neste certame un total de 1.657 estudantes que están a cursar en distintas universidades españolas as titulacións de Farmacia, Medicina, Odontoloxía, Enfermaría, Fisioterapia e Podoloxía, Óptica e Optometría, Veterinaria, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Logopedia, Terapia Ocupacional, Nutrición Humana e Dietética, Psicoloxía e Bioloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior