Venres 19 Abril 2024

Presentan o documental ‘O tesouro de Corcoesto’ sobre a polémica mina de ouro

A realizadora Cora Peña charlará este xoves 28 coas persoas que asistan ás 17.00 horas no Auditorio de Ciencias da Comunicación á proxección do seu documental  ‘O tesouro de Corcoesto’ sobre o polémico proxecto da mina de ouro na comarca de Bergantiños, unha actividade organizada pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC.

O documental aborda a contextualización do proxecto da mina de Corcoesto dende unha concepción ampla,  atendendo a cuestións técnicas, sociolóxicas e económicas. Pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate das consecuencias dun proxecto de alto impacto: a ameaza ao territorio debido á explotación a ceo aberto con tratamento de cianuro, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo, se contrapón ao desexo de desenvolvemento económico e social da contorna.

Publicidade

‘O tesouro de Corcoesto’ é un documental de produción independente, e contou coa axuda de 180 persoas e colectivos que colaboraron no seu financiamento a través do micromecenado para ser difundido gratuitamente baixo licenza copyleft.

A directora Cora Peña, dedicada profesionalmente ao formato documental e con especial afinidade cara aos temas medioambientais, conta cunha valiosa experiencia en relación co neoextractivismo grazas á súa longametraxe documental ‘Apash, los de fuera’, rodada na Amazonía peruana a partir do conflito dos indíxenas con goberno e multinacionais polo manexo da terra. Peña é licenciada en Imaxe pola UCM e graduada en Dirección de Fotografía pola Escola de San Antonio de los Baños (Cuba). Outros traballos seus son ‘A maleta de Sofía’, ‘Morreu o demo’, ‘Acabouse a peseta’ ou ‘Pacios’, así como docuseries para TV (‘Un país de lerias’ e ‘Terras de Merlín’) .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Fogóns de Anllóns e Fragas do Eume, protagonistas da Deputación da Coruña en Fitur

Os cinco concellos de Bergantiños e os cinco do Eume estarán representados na Feira especializada en Turismo máis representativa do Estado

Ordes e Bergantiños, dúas comarcas con actividade sísmica intermitente

O terremoto rexistrado na noite do mércores, de magnitude 3, desencadeou centos de avisos ao Instituto Geográfico Nacional en poucas horas

As claves que frearon a mina de Touro e O Pino: risco de “catástrofe” e impacto nas augas

A Declaración de Impacto ambiental desfavorable cara ao controvertido proxecto mineiro foi difundida este venres pola Xunta

O CSIC obtén coltán de “alta pureza” na mina de Viana de Bolo

Un novo procedemento mellora a calidade das sales de niobio e tántalo, o chamado "ouro negro" dos teléfonos móbiles, extraídas de Penouta