Premio nacional para un investigador galego por un traballo sobre o control intelixente de líquidos

Un sistema de control intelixente máis rápido, excelente e eficiente, que permite detectar as anomalías en tempo real das instalacións de control de líquidos. Este é o obxectivo do Traballo Fin de Máster en Informática Industrial e Robótica da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol do investigador Álvaro Michelena Grandío, asociado ao Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade de Coruña (UDC). Por este traballo, o estudante acaba de recibir o Premio Nacional Mellor TFM/TFG en Control Intelixente outorgado polo Comité Español de Automática (CEA), patrocinado pola empresa ASTI. O galardón, entregado no XVII Simposio de Control Intelixente do CEA, recoñece e estimula o traballo desenvolvido en relación ao control intelixente.

A proposta de Michelena xira arredor da aprendizaxe intelixente dos procesos de control de líquidos, entre eles a auga. Moitos destes procesos operan en continuo, sendo o controlador máis usado o PID (Proporcional-Integral-Derivativo) que require do axuste duns parámetros para o seu correcto funcionamento. Tradicionalmente, este axuste realizábase de forma empírica mediante sistemas que poden resultar lentos e pouco eficientes cando os sistemas para controlar non son lineais. É por iso que o proxecto realizado polo investigador do CITIC presenta unha solución que se basea na combinación de metodoloxía tradicional —como son os lazos de control PID autoaxustables e os algoritmos de identificación baseados en mínimos cadrados— cos máis recentes avances tecnolóxicos como son as redes neuronais e a aprendizaxe federada. Desta maneira, proponse simplificar a tarefa de identificación e control dos procesos non lineais de control do nivel de líquidos.

Publicidade

A proposta final

A proposta final de Álvaro Michelena Grandío permite obter un modelo xeral de comportamento do sistema, de modo que, á hora de identificar e controlar outros sistemas iguais, o proceso efectuarase automaticamente e de forma máis rápida, excelente e eficiente. Isto é así porque se parte dun coñecemento previo do funcionamento do proceso e, ademais, a solución deseñada permite realizar a detección de anomalías en tempo real, explica o investigador do CITIC, quen tamén forma parte do grupo de Ciencia e Técnica Cibernética da Escola Politécnica de Enxeñeira de Ferrol (EPIF) do Campus Industrial de Ferrol.

O Premio Nacional Mellor TFM/TFG en Control Intelixente CEA 2022 a Álvaro Michelena vén a sumar a outros recoñecementos recibidos polo investigador este ano como o Premio Cátedra Emalcsa-UDC. Michelena graduouse en 2020 en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática da Universidade da Coruña, obtendo o premio extraordinario da UDC. Con todo, iniciou a súa actividade investigadora en 2019 na antiga Escola Universitaria Politécnica (EUP), actualmente Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) e desde maio 2021 forma parte do CITIC como técnico de apoio á investigación, colaborando con diferentes proxectos do centro. Así mesmo, desde decembro de 2021 é membro tamén do grupo de Ciencia e Técnica Cibernética da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol do Campus Industrial de Ferrol.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle

A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e conta coa participación de nove persoas expertas en patrimonio galego

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar