A RAGC entrega os premios “Contar a Ciencia-la Caixa”

O Pazo de San Roque de Santiago de Compostela acolle este xoves 28 de xuño, ás 19 horas, o acto de entrega da quinta edición dos premios “Contar a Ciencia-la Caixa” O galardón, convocado pola Real Academia Galega de Ciencias e patrocinado por Obra Social la Caixa, está dirixido aos estudantes de comunicación das universidades galegas. Será un acto aberto ao público, no que se recoñecerá o traballo dos participantes no concurso.

Ao acto, aberto ao público, asistirán representantes do mundo académico, cultural e político de Galicia

Nesta edición, o estudante de Xornalismo da USC Íñigo Caínzos foi elixido polo xurado como gañador do certame grazas ao seu reportaxe Un reloxo para a independencia, que conta o proxecto de tres estudantes da universidade compostelá que deseñaron un dispositivo intelixente que axuda a persoas maiores cun grao de dependencia leve. A segunda clasificada foi Paula Martínez Graña, que tamén estuda Xornalismo en Compostela, coa proposta Os fármacos do futuro contra o cancro e a sida fanse en Santiago, e o terceiro lugar foi para Yago Grela, compañeiro de estudos dos outros dous premiados, coa reportaxe Unha sociedade descorazonada.

Publicidade

Durante o acto de entrega deste xoves, Íñigo Caínzos recibirá o premio que recoñece ao gañador: 700 euros en metálico e un smartphone IoxPhone P1, cortesía de Primux Tech. Pola súa banda, Paula Martínez e Yago Grela recibirán cadanseu equipo de altofalantes portátiles Sk-21, tamén cortesía de Primux. Xunto a eles, os autores e autoras dos traballos seleccionados (10 en total) recibirán un diploma acreditativo da súa participación. Ao acto do Pazo de San Roque asistirán representantes do mundo académico, cultural e político de Santiago de Compostela e Galicia.

O concurso, organizado por GCiencia, botou a andar hai catro anos, en 2014, e conta tamén coa colaboración Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e a empresa Primux Tech. As reportaxes participantes abordaron, en formato escrito e audiovisual, diversos proxectos científicos que se desenvolven en Galicia. Ese é o obxectivo de “Contar a Ciencia-la Caixa”: divulgar a investigación que se fai nas universidades galegas e, ao tempo, animar aos estudantes de comunicación a achegarse ao mundo da investigación e a divulgación científica para transmitilo á sociedade.

Publicidade

Consulta aquí o programa do acto. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A G-Night superará as 200 actividades na súa quinta edición

Vigo, Ourense e Pontevedra sumarán máis de 40 eventos que achegan a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, especialmente entre a mocidade

Kip Thorne, premio Nobel: “É probable que descubramos a orixe do universo en 30 ou 40 anos”

O físico albisca un futuro próximo no que as ondas gravitacionais desvelen a orixe do cosmos e defende a universidade fronte á "estupidez" de Trump

Intelixencia artificial para detectar TDAH nas aulas e outros proxectos de Galiciencia 2024

A feira científica reúne un centenar de traballos de alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP e Primaria de toda a comunidade

Cinco libros para agasallar ciencia este Nadal

Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega