O vídeo da liberación da tartaruga Antares

O 6 de decembro de 2017, no Vicedo, apareceu atrapada nas redes dun pesqueiro unha tartaruga común. Os tripulantes deron aviso á Rede de Varamentos de Galicia, que se fixo cargo dela. Estaba nunha situación moi delicada, polo que foi preciso reanimala e ingresala na UCI que a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) ten en Nigrán. Puxéronlle de nome Antares, o mesmo do buque en cuxas redes quedou atrapada.

Paseniño, a tartaruga foise recuperando. Gañou consciencia e mobilidade, pero tiña dificultades para comer por si mesma, polo que tivo que ser alimentada por sonda e con medicación, o que lle fixo perder peso.

Publicidade

Debido a que o seu tamaño era xa demasiado grande (71 centímetros) para ser tratada nas instalacións galegas nas circunstancias axeitadas ao seu estado, Antares foi trasladada ás instalacións da Arca del Mar do Oceanográfic de Valencia. Alí, mellorou a súa condición de saúde, recuperando peso, mobilidade, capacidade de mergullo e alimentándose xa por si mesma. Unha vez completada esta fase, xa puido regresar a Galicia. O 6 de xuño chegou ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa.

Aínda que o seu estado xa era bo, houbo que agardar a este mes para liberala coas garantías de que chegue ás augas do Caribe. Nestes meses, co bo tempo, as correntes mariñas dirixen ás tartarugas cara o sur. Pola contra, no inverno, a corrente enviaríaa cara o norte, a zonas onde sería moito máis complicada a súa supervivencia.

Publicidade

Agora, unha vez xa recuperada, Antares foi liberada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As Rías Baixas gardan a maior pegada toponímica da antiga presenza de focas en Galicia

Un estudo identifica 43 talasónimos asociados a estes animais mariños e reconstrúe a súa distribución histórica, con especial concentración na ría de Arousa

A Academia Galega de Belas Artes insta á Xunta a recuperar os torques de Ansorena

As pezas de posible orixe castrexa recibiron unha oferta de 210.000 euros durante unha poxa, pero a venda anulouse

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade

Como de conectado está o teu concello? Descúbreo con esta ferramenta interactiva

O mapa de Strado puntúa os barrios europeos en función da súa accesibilidade a servizos da vida diaria e social