Portas abertas e visitas guiadas no Museo de Historia Natural da USC

Co gallo do Día Internacional dos Museos

O Museo de Historia Natural da USC (MHN) súmase ao Día Internacional dos Museos abrindo as súas portas de xeito gratuíto ao longo da xornada do sábado 18 en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. Complementariamente, ese mesmo día ofrecer a posibilidade de participar nalgunha das tres visitas guiadas gratuítas: ás 12.00, 16.30 e 18.00 horas, deseñadas tanto para familias como para público en xeral e cunha duración estimada de 1 hora. Admitiranse ata un máximo de 30 persoas por visita e orde de chegada.

Cartel da xornada.

O 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos co lema ‘Os museo como eixes culturais. O futuro da tradición’, proposto polo ICOM (Consello Internacional de Museos) para a celebración do DIM (Día Internacional dos Museos). En Santiago e como xa é habitual dende hai oito anos, o MHN súmase á convocatoria que desenvolven de xeito conxunto o Museo do Pobo Galego, CGAC, Museo Casa de la Troya, Fundación Eugenio Granell, Museo Pedagóxico de Galicia, Museo da Catedral e Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Publicidade

Modelos clásticos
Tamén coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, o MHN incorpora ás súas salas permanentes unha nova mostra representativa do seu rico patrimonio científico. Baixo o título xenérico de ‘Ciencia e arte’ o museo mostrará unha antiga e valiosa colección de modelos anatómicos, adquirida entre 1870 e 1912, que inclúe máis de sesenta modelos, animais e vexetais en perfecto estado de conservación ou previamente restaurados, en casos puntuais.

No seu momento foron feitos por afamadas casas francesas de material científico, principalmente as do Dr. L. Auzoux e E. Deyrolle, e a súa finalidade era servir de apoio didáctico nos estudos de Historia Natural. As pezas foron realizadas empregando variados materiais (papel maché, cera, cortiza, arxila…) e deseñados con gran realismo e minuciosidade. Fabricábanse en moldes de madeira e chumbo, nos que se ían incorporando as diferentes capas e posteriormente procedíase ao seu secado e pintado. A maioría dos modelos son clásticos (é dicir, desmontábeis en partes), o que permite a observación de pequenos detalles morfolóxicos e facilita os estudos de anatomía comparada.

Publicidade

Mais alá do seu gran valor museístico, algúns destes modelos teñen alcanzado o recoñecemento internacional como obras mestras da ciencia e arte. Este é o caso por exemplo do modelo anatómico do ollo humano de Auzoux, un dos que se exhibe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego