O mes de xuño comezará con forza. O venres 1 e o sábado 2 de xuño a ciencia volverá ser protagonista en Galicia. Que está a organizar o Concello de Pontevedra? A quinta edición de Pontenciencia, a Feira a Miniciencia que se celebra no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. Alí, medio milleiro de estudantes e profesores exporán os seus proxectos científicos. Este ano presenta como principais novidades a participación de escolares da ESO e a incorporación de empresas punteiras en I+D+I. Todos os asistentes espertarán o seu espírito crítico con actividades diversas. Aprenderán, entre outras cousas, o funcionamento dun telescopio ou a extraer ADN.
O certame, patrocinado pola FECYT, a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía e o Ministerio de Economía e Competitividade terá lugar na Escola de Enxeñería Forestal do Campus de Pontevedra. Contará con tres espazos. No espazo expositivo converxerán unha chea de proxectos de escolares e investigadores. A temática dos traballos será libre ou froito das propostas dun comité científico universitario. Tamén se poderá desfrutar dun espazo de proxección audiovisual, que comprenderá unha serie de materiais interesantes sobre o mundo da investigación. Mais sen dúbida, un dos espazos máis dinámicos será o interactivo, cunha morea de actividades divertidas pensadas para todas as idades.
Nesta edición de Pontenciencia atoparanse proxectos de todo tipo. Sobre todo coa ampliación de espazos e de horarios. A facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación súmase así a esta iniciativa. Os alumnos poderán participar cos seus proxectos baixo mediante dúas modalidades de investigación: Ciencia no Cole e Ciencia en Familia. Profesores e familiares xogarán un papel fundamental. Axudarán aos escolares a desenvolver o seu interese polo método científico e incentivarán a súa curiosidade.
[box]500 alumnos, 12 centros educativos, 29 proxectos de investigación e 18 traballos de 15 familias[/box]
Os números aumentan no presente ano. Máis de 500 alumnos participantes de 12 centros educativos, 29 proxectos de investigación e 18 traballos de 15 familias. Estímase que este evento supere os datos de asistencia do pasado ano. Ademais, por se fora pouco, a estas cifras sumaranse, por primeira vez, proxectos I+D+I de catro empresas galegas. Orballo, Setga, Hifas da Terra e Cristalería Pontevedresa debutarán en Pontenciencia 2018. Así, acadarase un maior protagonismo das empresas do entorno que desenvolven procesos de investigación, desenvolvemento e innovación.
Pero sen dúbida, unha das cousas máis atractivas de Pontenciencia é o seu programa de actividades de diversa índole. Os asistentes poderán aprender así unha manchea de aspectos interesantes sobre a ciencia.
Profesores, pais e alumnos adquirirán competencias en astronomía, arqueoloxía, música ou botánica, entre outras. Tamén destaca o papel social que xoga o certame coa inclusión de actividades en prol da igualdade. Unha delas é a Exposición e Xogo das Mulleres Faro, onde os visitantes coñecerán a dez mulleres pioneiras en cultura e ciencia galega.
Na edición pasada, o colexio San Martiño gañou Pontenciencia na categoría escolar. Quen gañará este ano? Todo apunta a que estas serán unhas xornadas moi enriquecedoras para todos os visitantes, como aconteceu en 2016 e en 2017. Pontenciencia 2018 satisfará todas as expectativas e favorecerá o desenvolvemento dos rapaces -e non tan rapaces- como científicos.
Programa 2018
Venres 1 de xuño de 2018 Ciencia no cole. 09:45 h- 13:50 h
Exposición ao xurado dos proxectos “Ciencia no cole”.
10.05- 11.20 h. Escola de Enxeñería Forestal Andar 0, 1 e 2
Exposición e Xogo das Mulleres Faro.
11.00/ 11.55/ 12.25 h. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Rumbo ás Illas.
11.55/ 12.25h Escola de Enxeñería Forestal
Actividade impartida polas guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Como funciona un telescopio
10.05/ 11.55/ 12.55. Escola de Enxeñería Forestal
FC3 (Fundacion Ceo, Ciencia e Cultura) e Área de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo.
Ciencia musical
10.05/ 11.55/ 12.55 Escola de Enxeñería Forestal
Arqueoloxía dos sentidos
10.05/ 11.55/ 12.55. Escola de Enxeñería Forestal
Ciencia na cociña
10.05/ 11.00/ 12.55. Laboratorio de Edafoloxía da Escola de Enxeñería Forestal
As plantas tamén sofren
10. 05/ 11.00/ 12.55. Escola de Enxeñería Forestal
Mulleres científicas
10.05/ 11.00/ 12.55. Salón de actos. Andar -1 Escola de Enxeñería Forestal
Circuitos científicos
10. 05/ 11.00/ 12.55. Andar 2 Escola de Enxeñería Forestal
Como protexer as túas plantas
10.05/ 12.55 Escola de Enxeñería Forestal
De la Sota
10.05/ 11.00/ 12.55 Escola de Enxeñería Forestal
Detectives das fotografías
10.05/ 11.00/ 11.55/ 12.25 Entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Ciencia visión
11.00/ 11.55/ 12.25 Andar 2 Aula 6 Escola de Enxeñería Forestal
Visita aos proxectos
11.25/ 11.50/ 12.10/ 12.25/ 12.40
Venres 1 de xuño de 2018 Educación Secundaria. 16.30 h- 19:30 h
Exposición proxectos Premios de investigación 2018
16.30- 18-30 h. Entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Como funciona un telescopio
16.30/ 17.30/ 18.30 h. Escola de Enxeñería Forestal
Experimentos sonoros con electromagnetismo
17 h Escola de Enxeñería Forestal
Como protexer as túas plantas
16.45/ 17.45 Escola de Enxeñería Forestal
Exposición e Xogo das Mulleres Faro.
Horario continuado. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Detectives das fotografías
Horario continuado. Entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Ciencia visión
Horario continuado. Andar 2 Aula 6 Escola de Enxeñería Forestal
Visita stands Ciencia no cole. Horario continuado. Escola de Enxeñería Forestal
Visita stands Premios de investigación 2018. Horario continuado. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Sábado 2 de xuño de 2018 Ciencia no cole. 10.00 h- 13:50 h
Exposición ao xurado dos proxectos “Ciencia en familia”.
10.00- 11.15 h. Escola de Enxeñería Forestal Andar -1
Música electrónica con materiais cotiás
10.00/ 11.30 Escola de Enxeñería Forestal
Como extraer ADN
10.15/ 10.40/ 11.10/ 12.05 Escola de Enxeñería Forestal
Pensamento sustentable
12h. Escola de Enxeñería Forestal
Como funciona un telescopio
10.00/ 11.00/ 12.00 h. Escola de Enxeñería Forestal
Ciencia na cociña
10.00/ 11.00/ 12.00. Laboratorio de Edafoloxía da Escola de Enxeñería Forestal
As plantas tamén sofren
10. 30/ 11.30/ 12.30. Escola de Enxeñería Forestal
Visita stands Ciencia no cole. Horario continuado. Escola de Enxeñería Forestal
Visita stands Ciencia en familia. 11.30h. Escola de Enxeñería Forestal
Visita stands Premios de investigación 2018. Horario continuado. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Exposición e Xogo das Mulleres Faro. Horario continuado. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Detectives das fotografías. Horario continuado. Entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Ciencia visión. Horario continuado. Andar 2 Aula 6 Escola de Enxeñería Forestal
Conferencia: Que sabemos sobre os lumes forestais de Galicia?
Impartida por D. Serafín González Prieto, Doutor en Bioloxía pola Universidad de Santiago de Compostela, Científico del CSIC desde 1994 e Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.
12.30 h Salón de actos Escola de Enxeñería Forestal.
Entrega de premios
13.30 h Andar -1 Salón de actos Escola de Enxeñería Forestal