Os drones axexan á velutina

Os drones axexan á velutina

Un investigador da Universidade de Vigo, Ramiro Álvarez Clavero, está usando drones para capturar imaxes e vídeos de niños de vespa velutina, a especie invasora que está atacando gravemente as colmeas galegas dende hai uns anos. Esta iniciativa permite ver niños invisibles para o ollo humano, xa que a velutina usa moitas veces as copas das árbores para aniñar. Álvarez Clavero dirixe o equipo de Detección Remota do Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (Cacti).
 
Máis información no seguinte enlace:

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da velutina aos meles de baixa calidade: os retos actuais da apicultura

A confluencia de varios factores ameazan á saúde da abella e do seu ecosistema. Por Damián Copena Rodríguez e María A. Ferreira Golpe

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

Quen foi Benigno Ledo, o ‘cura das abellas’?

O lucense, nado en 1864, foi un apicultor determinante no cambio de modelo produción cara a un máis intensivo

Así se modernizaron as colmeas empregadas en apicultura durante os últimos séculos

O manexo das abellas por parte dos seres humanos experimentou importantes transformacións que se iniciaron arredor de 1850