Santiago, primeira universidade de España en investigación en Matemáticas

O persoal investigador en Matemáticas da Universidade de Santiago é o máis destacado das universidades españolas segundo a segunda edición do US News Best Global Universities e ascendería ata o posto 49 de entre as 750 universidades de todo o mundo analizadas nesta edición. Igualmente, a institución compostelá destaca no ámbito da Química, na posición 228.
A segunda edición do ránking US News Best Global Universities posiciona a Universidade de Santiago no seu conxunto no número 399 dunha lista de 750 universidades de 57 países. Das españolas, a USC figura como a oitava dunha representación total de vinte e cinco. Esta é unha clasificación que parte dos datos recompilados por Thomson Reuters InCites e ao que se engade a referencias das institucións universitarias con maior número de artigos científicos publicados durante o período 2009-2013.

A USC detaca tamén en Química, situada na posición 228 do mundo

A clasificación final das universidades ordénase en base a doce indicadores que pretenden avaliar para cada institución a súa reputación global en investigación (12,5% da nota final), reputación continental (12,5%), número de publicacións que se atopan entre o 10% das máis citadas (12,5%), porcentaxe de publicacións que se atopan entre as máis citadas (10%), colaboracións internacionais (10%), impacto de citacións normalizado (10%), publicacións (10%), número total de citacións (7,5%), número de doutores premiados (5%) e porcentaxe destes sobre o cadro de persoal docente (5%), libros publicados (2,5%) e conferencias (2,5%).
Deste conxunto de indicadores, USC consegue as puntuacións máis altas en materia de reputación dentro do continente e no número de publicacións máis citadas e colaboracións internacionais, así como no número total de citacións, publicacións ou impacto normalizado das citas ou porcentaxe de publicacións entre as máis citadas, entre outros. Das vinte e cinco españolas Santiago mantense no grupo de cabeza xunto ás de Barcelona, Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Valencia, Pompeu Fabra, Complutense, Granada, Politécnica de Cataluña e País Vasco, que agrupan as dez primeiras.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Matemáticos de Santiago e Lausana resolven un problema de xeometría aberto dende hai 60 anos

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos

Por que algúns nenos teñen problemas coas matemáticas?

Investigadores detectan que certas habilidades cognitivas e de planificación inflúen no rendimiento académico infantil