O VI Foro de Investigación Xuvenil reúne no Campus Terra escolares de Galicia, Cataluña e Estremadura

O VI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, un programa impulsado pola Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado (Ucetag) en colaboración coa Fundación Barrié, citará do 12 ao 14 de maio na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC estudantes de ensino secundario de diversos centros educativos de Galicia, Estremadura e Cataluña.

Os obxectivos deste programa, que nesta edición ten por lema ‘Sigamos contaxiando a ilusión por investigar’, pasan por promover a investigación entre o alumnado,  empregando a aula, o laboratorio, o entorno e os medios materiais axeitados para adquirir as competencias básicas fundamentais e motivar ao alumnado no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas…

Publicidade

A divulgación desta experiencia científica ao resto da comunidade escolar, en aras a que se sume este tipo de actividades, e a potenciación do traballo de investigación en grupo, constitúen outros dos cometidos dun foro aberto á participación de estudantes dos dous últimos cursos da ESO e profesorado de ensino secundario e en cuxa organización tamén colabora a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través da súa subdirección Xeral de Economía Social e o proxecto Glu-ON, que promove a creación dunha Rede de clubs de ciencia galegos entre outras actividades.

O VI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil antóllase como un espazo de intercambio de experiencias e coñecementos de asistencia libre e gratuíta para todas as persoas interesadas. Daquela, se algún centro de ensino ten interese en que o seu alumnado asista a calquera das actividades programadas soamente ten que confirmar a súa presenza con antelación a través do número de teléfono 986 866 149 ou no enderezo de correo electrónico info@ucetag.org.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día