A Universidade de Santiago creará 43 prazas de profesorado en 2016

O Consello de Goberno da USC aprobou este mércores a convocatoria de 43 prazas de Persoal Docente Investigador para este ano 2016, segundo o acordado na Mesa de Negociación Sindical do PDI nunha proposta orientada á estabilización de distintos colectivos.  Delas, 13 destínanse á estabilización de prazas de investigadores do Programa Isidro Parga Pondal, 9 á de prazas de axudantes doutores, 6 para estabilizar prazas de asociados LRU, 3 do convenio colectivo do profesorado axudante doutor e unha praza máis de estabilización do convenio colectivo. Todos estes concorrerán á figura de profesorado contratado doutor. Ademais, crearanse 6 para a contratación como persoal laboral fixo de prazas de investigadores Ramón y Cajal e outras 5 para a promoción de profesorado contratado doutor a titular de universidade.

Así, para as vindeiras Ofertas Públicas de Emprego os procesos de estabilización comprometidos xa estarían rematados, o que permitiría unha negociación máis aberta e orientada á asignación de recursos estruturais ás áreas máis deficitarias da USC e a continuar coa promoción ao corpo de profesorado titular de universidade e iniciar a primeira fase de promoción para o corpo docente de catedrático de universidade.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía